Skip to main content

Nautic Destination

Vilagarcía de Arousa. Cemiterio inglés

Sobre este patrimonio

A finais do século XIX, Vilagarcía converteuse en porto de escala para a travesía dos británicos, entre o Reino Unido e Gibraltar. Algúns falecían na singradura e, por seren anglicanos, a súa relixión non lles permitía recibir sepultura en cemiterios católicos. Así, o Concello de Vilagarcía concedeu a licenza de construción dun novo cemiterio, en 1902, denominado hoxe como o Camposanto dos ingleses". A costa galega foi medio de subsistencia para moitas familias, pero tamén leito de morte para infinidade de mariñeiros. É a costa do mundo con maior número de naufraxios, máis de catrocentos documentados desde o século XIV. A finais do século XVII, cando a armada Britannia era a máis poderosa do mundo, os seus barcos atracaban en Arousa e, ao remate do século XIX, instalaron alí os primeiros axentes consulares. Reinaldo Cameron Walker foi o primeiro vicecónsul de Asturias, Galicia e León e, o artífice de que a escuadra inglesa recalase en Vilagarcía, a súa ría era moi ampla para o atraque dos buques ingleses. Unha das obras de Cameron Walker foi a instalación dun cemiterio inglés xa que algúns mariñeiros falecían en ruta ou na Vila. O primeiro enterro tivo lugar en 1906 e, foi o 20 de outubro de 1910 cando se consagrou o terreo para oficiais e mariñeiros da Royal Navy. Ademais de ser enterrados membros da mariña, consta no Concello de Vilagarcía a sepultura de tres civís que decidiron ser enterrados alí tamén. O cemiterio dos ingleses converteuse nunha visita obrigada en cada ocasión que a escuadra da Royal Navy chega a porto galego

Para saber máis

para honrar a memoria dos que atoparon a morte nas augas deste mar."

Para coñecelo mellor

O denominado British Naval Cemetery" de Rubiáns foi creado en 1910 por orde do vicecónsul do Reino Unido en Carril, Reginald Cameron-Walker. O seu obxectivo: habilitar un camposanto no que mariñeiros británicos, na súa inmensa maioría de credo protestante, puidesen ser enterrados no caso de caer durante as escalas que, cada ano, durante seis décadas, a Royal Navy realizaba na Ría de Arousa. Aquí, descansan tamén algunhas personalidades, como o que foi cónsul británico en Vigo, Alexander Linsay, así como a súa esposa, cuxo falecemento se produciu nos anos 70. Son dous dos últimos enterramentos que tiveron lugar neste cemiterio. Esta necrópole, de gran relevancia polo seu interese histórico, lembra o paso da Armada británica polo porto da localidade, a principios do século XX. É o único camposanto inglés da provincia de Pontevedra. A comisión de tumbas de guerra da Commonwealth, naceu en 1917, despois, polo tanto, de que o British Naval Cemetery de Rubiáns abrira as súas portas. A comisión creouse para construír e coidar as tumbas dos soldados caídos na Primeira e Segunda Guerra Mundial

Galería

Vilagarcía de Arousa. Cemiterio inglésVilagarcía de Arousa. Cemiterio inglésVilagarcía de Arousa. Cemiterio inglésVilagarcía de Arousa. Cemiterio inglés

Localización

Localidade
Rural
Concello
Vilagarcía de Arousa
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Cemiterio
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
o que sucedeu é que, como este cemiterio era naval e xa funcionaba, tamén se integrou na CWGC. Foi o Ministerio de Defensa británico quen comprou o terreo, e polo tanto trátase de solo británico. O cemiterio dos ingleses conserva unha atmosfera distinta e melancólica, de brote que xorde do pasado."
Relevancia
Pontevedra

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
2,8 km / 7 minutos en coche

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
36.597866
Longitud
-6.235426