Skip to main content

Nautic Destination

Estaleiros de Vigo

Sobre este patrimonio

A cidade de Vigo, ao longo da súa historia, foi integrando na súa identidade o metal". Co nacemento e desenvolvemento da súa industria durante os séculos XVIII e XIX, fóronse conformando os alicerces do que hoxe é, unha das urbes máis importantes e de referencia no sector naval, na península ibérica. A época romana e os seus colonizadores, ao seu paso pola cidade olívica, deixaron a súa impronta con determinadas innovacións aplicadas para a conservación do peixe. Foi o caso das fábricas de salga, conformando na nosa cidade o que sería a máis importante fonte de actividade económica: o mar. Xa co despegue da industria conserveira, así como a chegada de Citröen á cidade nos anos 50, rematou de debuxarse o perfil industrial de Vigo e motor de Galicia. A orixe da industria naval viguesa, atopa o seu despegue coa chegada dos cataláns a Galicia que, na segunda metade do S. XIX, lograron recuperar a cultura romana da salga (abandonada séculos atrás), integrando novas artes de pesca e embarcacións. Ideólogos do cambio das barcas de remo aos "sardineiros", os primeiros barcos construídos en Barreras -un dos estaleiros de referencia na cidade-. Contaban con motores de vapor importados desde Inglaterra, converténdose despois en precursores do modelo "Vapor tipo Vigo" que, supuxo unha revolución para o sector pesqueiro na cidade. Hoxe, Vigo destaca pola súa potente industria naval que, bebe da apertura ao Atlántico e a súa riqueza. Marcou o carácter da cidade e da súa xente, definindo o seu perfil como innovador, aberto e traballador. O porto de Vigo é un punto internacional de comercio e transporte, aspecto que favoreceu o desenvolvemento dos estaleiros, operando na cidade preto dunha ducia deles, e dando servizo a contas internacionais como é o caso de Astilleros Barreras, cos buques cruceiro que constrúen para Ritz Carlton."

Para saber máis

A historia industrial de Vigo atopa as súas orixes nos séculos XVIII e XIX, momento no que foron chegando ás Rías Baixas e de forma masiva, emigrantes cataláns procedentes en maior parte da Costa Brava. Emprendedores que atopaban na apertura ao Atlántico, unha importante fonte de beneficios grazas á abundancia da sardiña que ofrecían as costas de Galicia. Nesa época, os pescadores locais do pequeno porto de Vigo, utilizaban artes de pesca de escaso rendemento e supervivencia, comerciando cos produtos obtidos do mar no Mercado de O Berbés. Este emprazamento atopaba o seu repunte de actividade durante algunhas épocas do ano nas que carreteiros chegados do interior, arribaban na procura de polbo e outras especies secas e salgadas. Os cataláns eran chamados fomentadores" polos seus conciudadáns locais, e traían novidades referentes a embarcacións e artes de pesca. Foi o caso da "xábega", rede de arrastre de orixe árabe con copo, de entre 300 e 600 metros que, necesitaba ser remolcada por embarcacións máis grandes das que en Vigo existían. É por iso que botaban man de bois, carros, homes e nenos, para recoller o cerco desde terra. Foron tamén os cataláns os que recuperaron a arte da salga, ou conservación do peixe en salmoura

Para coñecelo mellor

técnica centenaria que xa recollían os vestixios arqueolóxicos da civilización romana na cidade, sendo unha actividade abandonada séculos atrás. Comezaron a instalar as súas plantas de produción no barrio extramuros de El Arenal, coñecido posteriormente como "Barrio dos cataláns". Nos últimos anos do s. XIX, comezaron a substituír as embarcacións a remo ou "gamelas" polos chamados "sardineiros"

Localización

Localidade
Urbano
Concello
Vigo
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Estaleiros
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
embarcacións con motores a vapor importados de Inglaterra que supoñían unha revolución para a época. Estes evolucionaron cara a un modelo que deu en denominarse "Vapor tipo Vigo", construíanse en Barreras e contaban entre vinte e vintecinco metros de eslora, pesando unhas 100 toneladas. O seu andar rexistraba entre oito e dez millas, un fito dentro da evolución do naval, para a pesca. Nestes barcos introduciuse unha nova técnica de captura, "a parella", actividade que desenvolveron os armadores do actual barrio de Bouzas, en Vigo. Esta modalidade caracterizábase pola súa esixencia na coordinación das embarcacións que a practicaban. A principios de século, contaban con 130 buques deste tipo nos peiraos de Bouzas. Foi tal o prestixio alcanzado polos "Vapores tipo Vigo", construídos en Barreras que, puideron expandirse ao longo e ancho de todo o litoral español. Exportando o modelo posteriormente a Portugal e norte de África. Sen embargo, non remata aquí a súa historia xa que, grazas á súa extraordinaria navegabilidade foron adoptados polas potencias aliadas durante a I Guerra Mundial, como patrulleiros para as costas francesas e dragaminas no estreito de Dardanelos. Os estaleiros, xunto co despegue da industria conserveira e a chegada da automoción (nos anos sesenta do pasado século, coa chegada de Citröen), conformaron a idiosincrasia do perfil traballador do cidadán vigués. Vigo é centro dunha potente industria naval que integra a pesca, transformación e conservación dos produtos do mar. Non en balde é sede en outubro dunha das maiores feiras internacionais de peixe conxelado: "Conxemar", así como "Navalia", outra das referentes no sector da construción de buques. Coa axuda do Porto de Vigo, centro de comercio internacional e de transportes, definiuse a cultura e o carácter dunha cidade innovadora, motor industrial de Galicia."
Relevancia
Pontevedra

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0,300 km

A visita

Visitábel
Non
Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.24181700
Longitud
-8.72539100