Skip to main content

Nautic Destination

Adega Martín Códax

Sobre este patrimonio

A adega Martín Códax nace no corazón do Salnés, na localidade pontevedresa de Cambados. A calidade e sabor dos seus viños son froito da unión entre unhas instalacións equipadas coa máis avanzada tecnoloxía e o saber que proporciona a tradición e a experiencia. Esta adega ten as súas orixes no esforzo e a ilusión dun grupo de viticultores que souberon levar esta adega e a cultura galega por máis de 40 países en todo o mundo.

Martín Códax é, ademais de un referente no mundo do viño albariño, unha referencia cultural, é un selo de identidade. O seu nome é unha homenaxe a un poeta e trobador da Idade Media galega, o máis antigo do cancioneiro galaico-portugués e do que se conservan cantigas con notación orixinal que cantan ao amor e ao mar que baña as nosas costas.

Os viñedos, situados en pequenas parcelas, caracterízanse por usar o tradicional sistema do emparrado e son coidados con gran esmero. A vendima comeza a mediados de setembro e é un traballo manual. As uvas son transportadas con sumo coidado á adega, onde se comproba que cumpran cos requisitos de calidade establecidos.

Iníciase a extracción do mosto e procédese cunha elaboración que culminará cando o viño é estabilizado e embotellado.

Martín Códax é tamén compromiso co medio ambiente buscando sempre a sustentabilidade e reducindo a súa pegada de carbono ao máximo.

Para saber máis

A adega tomou o seu nome do máis célebre trobador galego. Cantaba ao amor e ao mar que baña as nosas costas. Tamén coñecido como Martin Códax ou Codaz, a bo seguro que os peregrinos que percorrían a nosa ruta Xacobea escoitaban as súas cantigas.

A adega naceu en 1986 e desde entón foi crecendo sen perder de vista as súas orixes e a súa cultura, hoxe é emblema dos viños galegos tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

A elaboración dos viños desta adega mestura o artesán coa potencia das últimas e novedosas tecnoloxías. Os viñedos caracterízanse por usar o característico sistema de emparrado da zona e polos coidados que os viticultores, apoiados polos técnicos de Martín Códax, se esmeran en ofrecer ao longo de todo o proceso.

A vendima adoita comezar entrado o mes de setembro, é tradicional, e na súa extracción os racimos reciben todo o coidado ata chegar ás instalacións da adega co fin de evitar que a súa calidade se vexa afectada.

Se o compromiso de Martín Códax coa difusión da cultura galega é evidente, non menos intenso é o seu compromiso co medio ambiente, traballando activamente para realizar unha produción sostible na que se persegue reducir a pegada de carbono aos niveis mínimos. Sirva de proba, os seus proxectos de I+D+i dirixidos a combater o cambio climático e o impacto ambiental da súa actividade.

Para coñecelo mellor

O municipio de Cambados, na provincia de Pontevedra, conta cunha gran historia e cultura sobre o viño en xeral e sobre os da Denominación de Orixe Rías Baixas en particular. De feito, é un dos lugares de España máis coñecidos e máis importantes para a súa produción e a súa cata. Cambados, municipio que foi declarado Cidade Europea do Viño 2017, conta co Museo Etnográfico e do Viño e con diferentes adegas.

Unha delas é, precisamente, Bodegas Martín Códax. Situada en Vilariño, en 1986 abriu as súas portas para que a cultura do viño fose aínda máis coñecida. O nome da adega fai referencia ao trobador galego, quen cos seus poemas e cantigas de amor e de mar demostraba que Galicia era e é unha gran terra. Desde a súa apertura, as adegas deste municipio e, en xeral, da D.O. Rías Baixas, foron crecendo a pasos axigantados e sempre apoiaron ás persoas que se dedican ao viñedo e a producir viño.

Galería

Adega Martín CódaxAdega Martín Códax

Localización

Localidade
Burgans
Concello
Cambados
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Adega
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Rural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
4,100km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
Aparcadoiro
Señalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.52003900
Longitud
-8.79262500