Razamonde é unha parroquia situada no concello de Cenlle, o cal pertence á provincia de Ourense e á comarca do Ribeiro. A Comarca do Ribeiro atópase entre as serras de Faro e Suído, onde se unen os vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Nesta parroquia está situada a adega Priorato de Razamonde, unha finca de 24 hectáreas de extensión, das cales dedican 20 delas a viñedos, pertencía ao Mosteiro de San Martiño Pinario situado en Santiago de Compostela, foi señorío eclesiástico dito mosteiro con dereito ao aproveitamento dos froitos, impostos e demais concesións cunha única obriga: manter os servizos relixiosos da parroquia. Atopámonos en terras da denominación de orixe máis antiga de Galicia, a Denominación de Orixe Ribeiro. Pola súa ubicación, esta uva prodúcese cunha maduración lenta, achegando a esta marca unhas características propias en canto a aroma, frescura, equilibrio e acidez. O 90% da plantación é de uvas brancas das variedades Treixadura, Godello e Loureira. Realizáronse en espaldera, para poder acceder aos avances tecnolóxicos e obter o mellor resultado posible. As outras variedades plantadas son de uva tinta, Sousón e Brancellao. Moi preto da adega atopamos a Igrexa de Santa María de Razamonde. Rodeada de viñedos e construída entre os séculos XVI e XVIII, conserva elementos decorativos medievais. Entre estes elementos destacan o arco de medio punto decorado con motivos xeométricos. Posúe, ademais, dúas capelas laterais. O retablo maior do interior é renacentista, con características arquitectónicas propias do século XVI.
Cenlle é un concello da provincia de Ourense cuxa capital é Xubín, conta con dez parroquias: Barbantes, Cenlle, Esposende, Laias, Osmo, Pena, Razamonde, Sadurnín, Trasaríz e Villar de Rey. A 15 quilómetros de Ourense atópase Razamonde, onde se atopa a adega Priorato de Razamonde, concretamente na zona coñecida como "A Granxa de Razamonde". Destaca pola súa gran extensión de terreo, a finca pertencía antigamente ao Mosteiro de San Martiño Pinario situado en Santiago de Compostela. O Priorato de Razamonde pertence á Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga de Galicia, e unha das de maior tradición histórica da Península Ibérica. Pola súa situación privilexiada, a comarca do Ribeiro vese favorecida por barreiras naturais que a protexen de borrascas subatlánticas e proporcionan un clima oceánico-continental con temperaturas temperadas, lugar idóneo para o cultivo da vide. Estas condicións permiten unha maduración lenta da uva, conservando aroma, frescura, equilibrio e acidez. A adega situada no corazón do Ribeiro, ás beiras do Río Miño, nace do esforzo e dedicación dunha familia que, ao longo dos anos, atopou no viño a mellor maneira de transmitir o sabor das súas terras. O que comezou con apenas unha hectárea de terreo pasou a converterse nunha adega renovada cun patrimonio rústico de máis de 24 hectáreas de terreo, das cales 20 delas están cubertas por viñedo e as restantes por bosques autóctonos, rutas de sendeirismo e espazos que acollen eventos e celebracións. As viñas están plantadas en espaldera, cun marco de plantación que permite o seu laboreo por medios mecánicos e, así, poder beneficiarnos dos avances tecnolóxicos para obter o mellor resultado posible. Cultivan cepas de uvas brancas (Treixadura, Godello e Loureira), que supoñen o 90% da produción, e uvas tintas (Sousón e Brancellao), que completan o 10 por cento restante da plantación. O tramo da cunca do Miño que hoxe ocupa a Denominación de Orixe Ribeiro estivo destinado ao cultivo da vide probablemente desde os primeiros séculos da nosa Era. Esta circunstancia motivou que, co florecemento do monacato cisterciense en Galicia (século XI) pasase toda ela a señorío eclesiástico, dependente dos grandes mosteiros (Celanova, Melón, San Clodio e San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela). Desde aqueles tempos afastados Razamonde foi señorío eclesiástico do Mosteiro de San Martiño Pinario con dereito ao aproveitamento dos froitos (o viño, froitas, etc.), dos impostos e da concesión doutros dereitos señoriais (barcaxe, pesca, establecemento de muíños, etc.), coa única obriga de manter os servizos relixiosos (a cura de almas da parroquia). A xestión de tan amplo patrimonio rústico efectuábase a través da fórmula xurídica do foro, especie de arrendamento a longo prazo (cunha voz, dúas voces, tres voces), desdobrando a propiedade, de xeito que o mosteiro reservábase o dominio directo e o dominio útil pasaba aos foreros, que os transmitían por herdanza. Chegado o tempo da desamortización (1835), do señorío orixinado só quedaba a finca que hoxe pertence á sociedade. A súa permanencia indivisa explícase porque era cultivada directamente polo propio Mosteiro de San Martiño Pinario a través da figura do Priorato. O mosteiro nomeaba aos encargados, habitualmente monxes, que vivían na finca para responsabilizarse do cultivo da mesma. Estas vivendas e construcións auxiliares son nas que hoxe se asenta a adega, as oficinas e a tenda de esoterismo. Na documentación de San Martiño Pinario consérvase o contrato de venda efectuado en 1287 polo Rei Sancho IV de Castilla a favor do Mosteiro de San Martiño Pinario, no que aparece a finca descrita cos seus actuais lindes. O priorato de Santa María foi doado por Alfonso VII, en 1137, ao mosteiro de San Martiño Pinario de Compostela, denominado como Santa María de Razamonde foi construído entre os séculos XVI e XVIII. A igrexa conserva hoxe restos do antigo templo románico. Destacan a porta do lateral sur e os capiteis. O seu retablo maior do interior é de época renacentista con características arquitectónicas propias do século XVI.
Cenlle é un municipio situado na provincia de Ourense e na comarca do Ribeiro. Atópase entre os ríos Miño e Avia e conta con dez parroquias (Barbantes, Cenlle, Esposende, Laias, Osmo, Pena, Razamonde, Sadurnín, Trasariz e Vilar de Rei).Se nos desprazamos á parroquia de Razamonde, podemos apreciar que é coñecida pola ruta do viño con denominación de orixe do Ribeiro.A adega Priorato de Razamonde é a máis antiga de Galicia e, ademais, conta con gran tradición histórica da Península Ibérica. O proxecto comezou en 1998 cunha hectárea de terreo e con moito esforzo, ese solo rústico pasou a converterse en máis de 24 hectáreas de terreo. A súa situación é privilexiada, ás beiras do Río Miño. Conta con barreiras naturais que o protexen de borrascas subatlánticas e proporcionan un clima oceánico-continental con temperaturas templadas, condicións que permiten un perfecto cultivo da vide conservando aroma, frescura, equilibrio e acidez.Outra construción interesante de Razamonde é a Igrexa de Santa María. Este templo foi construído entre os séculos XVI e XVIII e actualmente, consérvanse parte dos muros laterais da nave e a portada do lado sur. Segue mantendo elementos medievais como o arco de medio punto decorado con motivos xeométricos, aínda que, a igrexa foi profundamente reformada durante a época barroca. Na actualidade compóñese de: unha nave, cruceiro abovedado, capelas abertas ao mesmo, a modo de brazos dunha falsa planta en cruz latina, ambas de factura moderna, ábside semicircular e fachada occidental barroca.