Bueu está situado na Provincia de Pontevedra, nas Rías Baixas. O feito de estar nun val natural fai que estea resgardado dentro da ría; o seu clima é de tipo oceánico, con temperaturas suaves todo o ano.
O nome de Bueu provén de Buhedo" que significa terreo pantanoso. É un pobo mariñeiro dividido en tres parroquias, Bueu, Cela e Beluso que conta con preto de 13.000 habitantes e cunha economía baseada no mar.
Estas terras están habitadas desde a prehistoria, como mostran as mámoas, os petroglifos e os restos romanos que podemos atopar en Bueu.
Ademais, Bueu conta co arquipélago de Ons e Onza, que forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, tamén conta co espazo natural de Cabo Udra que é Zona de Especial Protección (ZEC) da rede Natura 2000, numerosas praias de area branca e outros paraxes naturais.
Coñecida é a fama de Bueu polas súas fábricas de salgadura, aquí chegaron a finais do século XIX os chamados "Fomentadores cataláns" que, ao ver o potencial de produción da ría, afincáronse para instalar numerosas fábricas deste tipo de conserva. Ao longo da costa do municipio chegou a haber unhas trinta fábricas funcionando.
Pero os seus inicios remontan á Época Romana e dentro da urbe de Bueu atopáronse restos interesantes desta etapa histórica.
Na praia urbana de A Pescadoira, atópase un xacemento da época romana que constan de uns restos dunha vila romana, unha factoría de salgadura e tamén o achado de fornos de fabricación de ánforas. É curioso que, no mesmo emprazamento, onde se atoparon estes achados, houbera instalada con posterioridade a fábrica de conservas Alonso (actualmente situada noutro lugar).
As praias urbanas de Bueu son os antigos portos, o peirao é relativamente recente, dos anos 60. Os romanos vararían as súas embarcacións na praia ou empregarían pequenos peiraos de madeira para a descarga de peixe, con estacas postas na praia como facía a factoría Massó.
A fábrica de conservas Massó tivo gran repercusión en Bueu, practicamente toda a vila tiña relación con esta industria conservera. Os homes utilizaban as embarcacións tradicionais para a pesca como as dornas, o bote "xeiteiro" pero tamén importaron outras do País Vasco como as traineras que eran máis rápidas.
Cando os homes volvían do mar coa pesca da sardiña, en Bueu soaba unha serra, e todas as mulleres que traballaban para Massó deixaban os seus quefaceres e ían cara á fábrica para limpar as sardiñas.
Os empresarios cataláns innovaron a salgadura en tres conceptos, as redes de arrastre, as novas técnicas de salgadura baseadas no sal prensado e os novos sistemas de traballo coa privatización de aparellos e traballo asalariado.
Así é que en Bueu aínda quedan restos desta industria como na praza Massó que conserva a cheminea da fábrica e un pode facerse á idea das dimensións desta. Tamén posúe o Museo Massó, onde se recollen moitos dos artiluxios da fábrica, utensilios de pesca e restos de embarcacións. Ademais tamén da propia colección da familia que o doou ao pobo.
Coa chegada dos métodos de conserva esta fábrica modernizouse e adaptouse á nova modalidade. Tamén se construíu outra filial en Cangas que no seu momento foi a fábrica conservera máis grande de Europa.
Bueu caracterízase por ser unha vila mariñeira onde se atopan casas que miran ás praias urbanas, tamén elementos como o resto do estaleiro de Purro lugar onde se realizaba a carpintería de Ribeira e se construían os barcos necesarios para a pesca de sardiña. Este atópase nunha zona que se chama banda do río, preto dun pequeno regato que utilizaban para "curar" a madeira.
No porto de Bueu é un porto con moita actividade pesqueira e as súas capturas máis importantes son o polbo, o percebe e a navalla. A lonxa subasta estes produtos do mar a diferentes horas e a praza de abastos, situada moi preto, véndea en horario tanto de mañá como de tarde para poder garantir a frescura das súas capturas."
Bueu é un municipio que se abre ao turismo, pero mantén a súa herdanza pesqueira. Ten un porto con gran actividade e un produto estrela na ría, o polbo. A propia confraría de Bueu San Martiño" creou a marca colectiva de polbo procedente de pesca artesanal de "Polbo das Rías". Esta marca permite diferenciar e garantir a calidade e procedencia ao consumidor do polbo que capturan.
Celebrase a principios de agosto a festa gastronómica do polbo onde se pode degustar este cefalópodo de diferentes maneiras.
Outra xoia que se pode ver en Bueu, atópase no centro da vila. É o "Estaleiro de Purro" onde se realizaba a carpintería de Ribeira. Este estaleiro, está incluído pola súa singularidade no "inventario xeral do Patrimonio Cultural de Galicia" desde 2011. Ten unha estrutura moi singular, a carpintería orixinal era a parte que ten tellas, todo o demais foron engadidos posteriores, que se facían segundo o volume de traballo, e segundo a necesidade.
Fundada en 1920 polo carpinteiro José del Río Casal, o seu enclave é nunha praia abrigada no lugar A Banda do río. Neste río Bispo curábase a madeira enterrándoa durante meses para despois moldeala. Gamelas, chalanas, lanchas xeiteiras, botes polbeiros e ata traineras foron construídas neste estaleiro. Tamén se construíron embarcacións de maior envergadura. Incluso dise que unha delas era tan longa que chegaba ata os balcóns das casas.
Coa implantación das bateas nas Rías Baixas abriuse un novo mercado nos últimos anos de funcionamento deste estaleiro.
Actualmente a asociación Os Galos úsao para reparar embarcacións tradicionais e mesmo para construír algunha nova.
Bueu é un municipio costeiro e mariñeiro situado na provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Morrazo, xunto cos termos municipais de Marín, Cangas de Morrazo e Moaña. Bueu considérase un concello propio como tal desde 1836 e a súa principal fonte económica sempre foi a pesca e toda a actividade relacionada co sector do mar.
Ademais, destacou sempre pola súa historia, pois atopáronse diferentes construcións arqueolóxicas pertencentes á etapa do Paleolítico, ademais de posteriores asentamentos romanos como a salgadura Pescadoira do século II. Esta última considérase unha das máis importantes da época romana na costa atlántica.
A técnica da salgadura é unha das máis antigas que se utilizaba para que o peixe durase máis tempo en bo estado. Esta consistía en deshidratar alimentos, é dicir, salar, lavar e secar.
Por outra banda, e grazas a diferentes escavacións levadas a cabo neste territorio, atopouse un forno de hai 2000 anos na mesma Pescadoira. Na actualidade, o concello plantexase levar a cabo un proxecto de acondicionamento destes restos para a súa mellor conservación.