Skip to main content

Nautic Destination

Bueu. Museo Massó

Sobre este patrimonio

O Museo Massó atópase no centro de Bueu, moi preto do porto, instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos. Guillermo Marconi na súa visita á fábrica en 1928 suxeriu a idea de crear un museo xa que quedara sorprendido pola colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos. Os irmáns Massó fixéronlle caso e levantaron unha planta sobre o edificio máis antigo. En 1932 nacía o Museo Massó. En 1994, despois do peche da fábrica, o museo foi adquirido pola Xunta de Galicia e actualmente está aberto ao público. Tamén posúe unha valiosa biblioteca especializada en temas marítimos e navais e destacan os 20 incunables, libros impresos nos primeiros anos da imprenta (1453-1500). O museo está dividido en catro partes. A primeira é unha gran sala na primeira planta, onde a exposición articúlase arredor da idea da conquista do mar. Está dedicada á navegación e ás disciplinas, como a astronomía, a xeografía e a construción naval, que fixeron posible o seu desenvolvemento e o do comercio marítimo. A sala conserva a museografía orixinal dos anos 30 do século XX. Unha segunda sala atópase na planta baixa e está dedicada á explotación dos recursos do mar. Exponse material arqueolóxico procedente da factoría de salgadura e o obradoiro de ánforas da época romana (século II-IV) do xacemento romano de Pescadoira. O discurso céntrase na actividade industrial da familia Massó: as súas fábricas de salgadura e de conservas e a caza da balea, amosando unha colección única en España. A terceira sala trata das embarcacións tradicionais e expoñen tres das máis representativas da ría de Pontevedra: a dorna, o bote "polbeiro" e o gran pecio da última lancha "xeiteira". A última sala está dedicada á antiga salgadura onde se recuperaron dezaoito pías dunha antiga salgadura de principios do século XIX, adquirida polos Massó en 1900 para dedicala a almacén de anchoa.

Para saber máis

Situadas nunha dársena do porto, ademais dos barcos modernos, pódense observar embarcacións tradicionais. Grazas á asociación Os Galos hoxe en día pódese gozar dalgunhas destas embarcacións que eles mesmos se encargan de restaurar e mesmo de construír algunha nova. Alí están atracados o bote polbeiro, tamén coñecido como bote de Bueu. É unha embarcación única e exclusiva deste concello, da que só quedan 3 mostras: esta, no museo Massó e a do museo do mar en Barcelona. A principal característica é que non se diferencia a proa da popa (ten dúas proas), é puntiaguda nos extremos, ademais da súa forma, pois ten de manga a metade da eslora, o que lle confire un aspecto redondeado, semellante a unha casca de noz aberta. Esta forma dálle unha gran estabilidade. Ademais, a súa estrutura está feita de madeira de carballo, que o fai moito máis resistente, e idóneo para pescar polbos das rochas. Nesta embarcación, debido ás súas dimensións só ían un ou dous tripulantes, e servía para a pesca do polbo. O método de propulsión, ao igual que as demais embarcacións era a remo ou a vela, dependendo dos ventos. Na década de 1960 deixa de utilizarse porque non se lle pode incorporar o motor fóra borda e pola súa lentitude deixa de compensar. O bote xeiteiro é unha embarcación similar ao bote polbeiro, aínda que é máis alongada e grande, máis estilizada. Dedícase á pesca de sardiñas co aparello coñecido como xeito, de aí o seu nome. Como embarcación era máis grande, colleron máis tripulantes (3-5) e adoitan saír a pescar 2 ou 3 días seguidos, por ese motivo dentro do barco tiñan unha pedra para asar sardiñas. Tamén se atopa a Dorna xeiteira que é unha embarcación que ten a súa orixe na Idade Media, xa que comparte co drakkar viquingo o seu sistema de construción de calime ou tingladillo. Dedícase á pesca da sardiña. Perdura no seu uso hoxe en día porque si se lle puido incorporar un motor fóra borda. A Dorna trátase dunha nave moi estilizada, estable e rápida, que pode ser levada por unha única persoa. Para a quilla empéganse madeira de carballo ou sobreira. Ademais de polbo, con ela captúranse sardiña, xouba e piobardo. Unha variante é a Dorna polbeira que é máis pequena e úsase para pescar o polbo. Para a pesca de sardiña viron a necesidade de barcos máis grandes para conseguir máis capturas, importaron un tipo de embarcación tradicional do País Vasco, a Trainera. O seu nome deriva da palabra traíña: rede de malla moi tupida para a pesca de anchoa e a sardiña. É unha embarcación lixeira, rápida e grande, que pode levar 10 tripulantes. Hoxe en día utilízase nas prácticas deportivas, nas regatas de traineras. Estas competicións teñen a súa orixe nos mariñeiros vascos que competían para chegar os primeiros ao porto, para así vender peixe a mellor prezo.

Para coñecelo mellor

No porto de Bueu, nas naves industriais da antiga fábrica de conservas Massó Hermanos, podemos visitar o Museo Massó. A idea da súa creación xurdiu nunha das visitas á conserveira de Guillermo Marconi. El mesmo estaba sorprendido da cantidade de instrumentos, documentos e libros antigos que se conservaban no lugar. Foi precisamente entón cando se puxo sobre a mesa a posta en marcha deste proxecto. Os irmáns Massó escoitaron a Marconi e en 1932 crearon o museo que, uns cantos anos despois, en 1994, pasaría a mans da Xunta de Galicia. Na actualidade, converteuse nun lugar de obrigada visita dentro deste concello localizado na provincia de Pontevedra.

O Museo Massó conta con dúas salas con elementos bastante distinguidos. Na primeira, podemos atopar embarcacións tradicionais, explicacións sobre a industria conserveira e sobre a técnica de salgadura de peixe, que se atopan documentadas con fotografías da antiga fábrica. A segunda sala céntrase na familia catalana Massó, así como nunha colección de elementos náuticos e maquetas. Por outra banda, neste mesmo espazo, podemos aprender sobre carpintería, pois móstranse os diferentes instrumentos que se utilizan para construír embarcacións tradicionais.

Galería

Bueu. Museo MassóBueu. Museo Massó

Localización

Localidade
Bueu
Concello
Bueu
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Museo
Eco-destino
Ría de Pontevedra
Contorna
Rexional
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
200 metros

A visita

Horario
Horario de apertura desde: Martes a sábadoHora apertura desde as 10:00 ata as 20:00
Visitábel
Entrada GratuitaDuración estimada da visita: 1 hora Admite reservas tlf.: 886 151 101
Interpretación
Existen paneis informativos
Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.32680900
Longitud
-8.78503600