Cambados é un histórico enclave, considerado como un dos destinos turísticos máis fermosos, admirados e interesantes de Galicia. Situado na Ría de Arousa, conta no seu haber con numerosos pazos, casas nobres, prazas e rúas empedradas ou museos; distribuídos ao longo e ancho das tres antigas vilas de Fefiñáns, Cambados e Santo Tomé do Mar. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC), no ano 2001. Cuna de ilustres galegos como Ramón Cabanillas, Emilia Pardo Bazán ou Ramón María del Valle Inclán, forma parte dunha das oito rutas do Camiño de Santiago: a Ruta Marítimo Fluvial pola Ría de Arousa e o Río Ulla. Cambados é coñecido tamén por ser a "Capital do Viño Albariño". Punto de partida da Ruta do Viño que acolle 22 adegas pertencentes á D. O. Rías Baixas
conta ademais co primeiro museo etnográfico e do viño en Galicia, un dos primeiros de España. Integrado no seu contorno atopamos o Pazo de Fefiñáns, unha finca de mediana extensión dedicada ao cultivo do albariño. É unha edificación en forma de "L", ben conservada, con planta baixa e piso. Levantado no século XVI por orde de Juan Sarmiento e Valladares, foi rematado polo seu sobriño Gonzalo de Valladares, I Vizconde de Fefiñáns, ao longo do seguinte século. De estilo arquitectónico renacentista, conta no seu exterior con dous balcóns de forma circular en ambos extremos. No pazo sobresae a súa gran torre con almenas e un arco-ponte, con claros vestixios barrocos. Na planta baixa sitúanse as adegas das que sae o albariño coa etiqueta "Pazo de Fefiñáns". Un dos puntos máis interesantes de Galicia é a Praza de Fefiñáns, unha peculiar praza empedrada de 2.500 metros cadrados na que podemos contemplar o Pazo, as belas casas do redor e a Igrexa de San Benito. De nave rectangular e estilo románico esta Igrexa consagrada en favor de San Bieito (Benito), foi reedificada no século XVII. A arquitectura do edificio pertence a un estilo neoclásico, pero non así os seus dous campanarios laterais, que son de estilo barroco, entre os que se atopa un ábside cun cruceiro. Ditos campanarios contan cunha campá cada un, de tamaño medio. Antigamente, podían contemplarse na igrexa catro arcos, dos cales só un se pode observar hoxe en día. O interior da igrexa é de estilo gótico, e nel poderemos admirar unha gran bóveda e dúas capelas, nas cales se atopan as sepulturas de Don Gonzalo Valladares e Doña María Ozores, a súa esposa. Na praza, atopamos a única ponte en forma de arco que se conserva dos catro que antigamente existían. Eran utilizados polos nobres do pazo, para desprazarse polas distintas dependencias do conxunto, ou para acceder á parte privada que posuían na Igrexa de San Benito.
Don Gonzalo de Valladares, I Vizconde de Fefiñáns, foi quen puxo todo o seu patrimonio e empeño para que Cambados se convertera no que é hoxe en día. Un dos enclaves turísticos máis ricos das Rías Baixas tanto polo seu conxunto histórico, como gastronómico e natural. O maior exemplo do seu legado, atopámolo no Pazo de Fefiñáns, de estilo arquitectónico renacentista, mostra diso son as súas fachadas. Comezou a súa construción da man de Juan Sarmiento e Valladares, tío de Don Gonzalo. O lado do poñente do pazo está dedicado a Don Gonzalo, e o lado sur ao seu fillo, Don Fernando de Valladares e II Vizconde de Fefiñáns. Trátase dunha edificación moi fermosa, construída en forma de L", e nos seus extremos pódense apreciar, os seus atractivos balcóns en forma circular.Encima dos dous portalóns da entrada ao pazo, aprecianse os escudos heráldicos, nos cales están esculpidos os símbolos dos liñaxes familiares. Co transcurso do tempo, o Pazo pasou a mans dos marqueses de Figueroa, cuxos descendentes conservan aínda a titularidade do mesmo. Na actualidade, na planta baixa do pazo atópanse ubicadas dúas adegas, dedicadas ao viño Albariño, con Denominación de Orixe. Unha delas é coñecida co nome de Adega "Pazo de Fefiñáns", marca rexistrada desde o ano 1928, mentres que a outra leva o nome de Adega "Joaquín Gil de Armada". No Pazo foi onde se embotellou por primeira vez viño albariño e onde se cre que se cultivou a primeira cepa de albariño de O Salnés. Actualmente alberga unha das adegas máis antigas de Galicia. No ano 2012, este maxestuoso pazo foi declarado Ben de Interese Cultural.Pola súa parte Cambados foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2001. Aquí celébrase unha das festas enogastronómicas máis antigas de España. Cada primeiro fin de semana de agosto, ten lugar "A Festa do Albariño", declarada de Interese Turístico Nacional. A praza de Fefiñáns está formada polo Pazo de Fefiñáns, o arco-ponte, a atalaia Torre do Homenaxe, e a igrexa de San Benito, sendo un dos conxuntos arquitectónicos máis fermosos e admirados de Galicia. Antigamente era coñecida como a praza do mercado, pois alí era onde se celebraba semanalmente.Pola súa parte, a Igrexa de San Bieito, (Igrexa de San Benito), é unha edificación que data de tempos románicos e que se atopa enclavada nunha nave rectangular. Aproximadamente no século XV, foi remodelada, e, no século XVII, pode dicirse que, reedificada de novo, por orde de Don Gonzalo de Valladares. Foi nesa época cando o templo foi consagrado a San Benito. Atópase situada na Praza de Fefiñáns. Na actualidade pódese acceder á mesma, por unhas escaleiras que se atopan na parte posterior, ou por outras situadas na súa cara lateral ou principal. Destacan no seu haber dúas figuras de granito que representan a uns guerreiros adornados cun escudo e unha maza. Estas figuras son coñecidas como os Balboa e, dise, que foron postas neste lugar co obxectivo de que protexesen tanto á igrexa como á Praza. Antigamente, podían contemplarse na igrexa catro arcos, dos cales só se pode observar un, hoxe en día. En 1843, tomouse a decisión de tirar eses arcos argüindo que interrompían o paso do mercado semanal que alí se celebraba, así como a xente que viaxaba a cabalo ou os carros cargados de leña. O responsable desta decisión foi Javier de Zárate e Murga, Marqués de Montesacro. A arquitectura do edificio pertence a un estilo neoclásico, pero non así os seus dous campanarios laterais, que son de estilo barroco, entre os que se atopa un ábside cun cruceiro. Ditos campanarios contan cunha campá cada un, de tamaño medio. Antigamente, podían contemplarse na igrexa catro arcos, dos cales só un se pode observar hoxe en día. O interior da igrexa é de estilo gótico, e nel poderemos admirar unha gran bóveda e dúas capelas, nas cales se atopan as sepulturas de Don Gonzalo Valladares e Doña María Ozores, a súa esposa.Outro dos elementos máis singulares de Fefiñáns é a ponte do arco que une o Palacio con parte dos xardíns. Originalmente eran dúas, pero unha foi destruída. Un arco-ponte de traza barroca situado no extremo norte do pazo, que antigamente estaba acompañado por outros tres, complementando o conxunto arquitectónico do Pazo de Fefiñáns."