O arte de emallado, utilizado en zonas costeiras, en Galicia denomínase xeito" e sen dúbida é o arte de pesca da sardiña máis antigo e primitivo. Consiste nun arte de pesca, totalmente artesanal e sostible, e foi utilizado polos pescadores galegos desde séculos para a pesca de sardiñas á entrada das rías. O xeito é un pano rectangular nos cuxos extremos superior e inferior atopamos dúas trallas. A tralla superior, incorpora unha liña de boyas que permiten que o xeito flote a profundidade variable, e a inferior que está lastrada con prumos que permiten afundir o pano na auga. Este pano permanece unido á embarcación mediante un cabo de lonxitude variable que permite o arrastre do xeito polo propio barco. A gran vantaxe deste arte de pesca de emallado é que permite a captura selectiva das sardiñas, que quedan pegadas ao pano e deben ser retiradas do mesmo manualmente, unha a unha, evitando a pesca doutro tipo de peixe de máis peso, que non se pegan ao xeito, e o pequeno devólvese ao mar no proceso manual de selección. Aínda que a sardiña comercialízase durante todo o ano, é no verán cando se rexistran maiores capturas e é ademais a época na que adquire un maior contido en graxa e máis sabor. En Portosín é onde se leva o maior volume de subastas de sardiña en Galicia e segue en importancia Ribeira e algo menos Vigo, á cuxa lonxa chegan barcos doutros portos galegos.
A pesca de baixura, como tamén a de altura, son un piar fundamental da economía galega e a fonte principal de ingresos de moitas familias. Realízase próxima á costa, de aí o seu nome, con pequenas embarcacións e métodos artesanais denominados tamén artes menores. Normalmente practícase durante un período de tempo non superior a un día, regresando ao porto o barco todos os días. Sollen saír de madrugada, coa ardora, e as capturas son subastadas cada día na lonxa do porto. Cada aparello ten unha técnica adaptada ao tipo de peixe que se quere coller, así existen máis de 40 aparellos ou artes autorizados. Pódense dividir en artes de anzol, emallado, arrastre, cerco, trampas, marisqueo (a pé ou desde embarcación) e buceo. Normalmente as artes de arrastre úsanse en maior medida na pesca de altura, pero hai aparellos de arrastre que son propios de artes menores e da pesca de baixura, como son o bou de vara e o rastro. Son aparellos remolcados desde embarcación, que se arrastran en contacto co fondo para a captura de vieira, ameixa e similares. A flota pesqueira con base no porto de Baiona consta de unhas 70 embarcacións, incluíndo unha auxiliar (datos do Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia 2019) con esloras que varían entre os 3,85 metros das embarcacións artesanais máis pequenas ata os máis de 14,30 metros das maiores. Ademais, forman parte do colectivo de pescadores os mariscadores a pé, que tamén son usuarios do porto. A maior parte da flota está formada por barcos de pequeno tonelaxe destinados ás Artes Menores, artes de emallado, aparellos de anzóis e as nasas. E en menor medida, representado por unha embarcación de servizos auxiliares destinada exclusivamente ao servizo auxiliar da embarcación principal de recreo á que serve; e un dedicado ao arte de palangre en pesqueiras internacionais.
A sardiña común ou europea é un peixe azul de auga salgada que pertence á familia dos Clupeidos, sendo esta a súa única especie. O corpo deste animal é alongado, con dentes pequenos e o dorso destaca polo seu cor gris escuro, azul e prateado. O seu ventre é branco con tons prateados e as aletas son incoloras. A sardiña asada é moi famosa na cociña galega. A súa campaña comeza o 31 de maio e están moi solicitadas o 24 de xuño, o día de San Xoán, pois tanto en Baiona como noutros municipios costeiros tómanse para celebrar o San Xoán. Para pescar a sardiña, en Baiona empregan dous artes de pesca: o arrastre de fondo e o cerco. O primeiro deles, e como ben o seu nome indica, consiste en arrastrar unha rede de gran tamaño polo fondo do mar, de modo que as sardiñas quedan atrapadas na rede. Hoxe en día, esta técnica non se utiliza tanto, pois pode causar danos irreparables noutros organismos situados no fondo mariño, como, por exemplo, nos corais. O outro arte de pesca, o cerco, supón rodear un banco de sardiñas cunha gran rede, pechándoa de modo que as sardiñas quedan atrapadas no seu interior.