O Concello de O Rosal ten unha superficie de 44,7 km2, está situado ao suroeste da provincia de Pontevedra. Limita ao norte co concello de Oia, ao sur co río Miño e Portugal, ao oeste co Océano Atlántico e ao leste co Concello de Tomiño. O concello de O Rosal está formado por catro parroquias, Eiras; O Rosal; San Miguel de Tabagón (San Miguel); Tabagón (San Xoán). O Rosal é un municipio fundamentalmente gandeiro, agrícola, forestal e pesqueiro (pesca de baixura). A punta de lanza da industria en O Rosal é o sector vitivinícola, contando con grandes adegas de exquisitos viños albariño e rosal, amparados baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. O Rosal e o Baixo Miño tamén contan cunha pujante industria do viverismo que inclúe ao produtor de planta e aos produtores de flor cortada. Para conseguir esta produción dispoñen de 98 hectáreas destinadas á produción e algo máis de 7 hectáreas o sector da flor. Cabe destacar de maneira especial a dimensión que está a acadar a produción do Kiwi entre os produtores do Baixo Miño. Esta froita exótica atopa no microclima da nosa zona un lugar ideal para a súa produción. Ao longo dos seus catro quilómetros de costa o visitante poderá gozar das súas praias como a praia de Eiras, Tabagón e San Miguel ou a praia situada na zona natural protexida do río Tamuxe.
A Mancomunidade do Baixo Miño atópase no extremo suroeste de Galicia, e está formada polos Concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. Ocupa unha área costeira bañada polo Atlántico e a área fluvial á beira do Río Miño. Os agricultores de O Rosal contan co apoio da Asociación de Cultivos do Baixo Miño, Acubam, trátase dunha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 2013 coa intención de representar ao sector da agricultura a nivel comarcal no Baixo Miño. Neste camiño Acubam traballa tamén pola posta en valor do sector, a revalorización do aproveitamento da terra como medio de vida, o crecemento económico da comarca e pola educación de nenos, nenas e mozos no respecto pola terra que os rodea. Ademais da produción dedicada ao autoconsumo, na zona tamén se produce Mirabel, unha froita que utilizada normalmente para a produción de marmelada, empezáronse a dar outros usos e unha empresa galega xa comercializa a xenebra elaborada a partir de mirabeles. O kiwi provén orixinariamente da China Continental, concretamente das ladeiras do Himalaya e na actualidade o seu cultivo esténdese por Nova Zelandia, Brasil, Italia, España e Chile. O kiwi preséntase como unha opción de futuro xa que España só produce o 10% do que produce e dentro de España, Galicia produce o 55% da produción total. O Rosal e todo o Baixo Miño teñen diante a oportunidade de explotar unha agricultura específica e única propiciada pola súa situación xeográfica.
A capital municipal de O Rosal conta cunha praia semiurbana duns 200 metros de lonxitude, chamada Das Eiras, que destaca pola súa area dourada e as súas augas tranquilas. Este areal atópase nun entorno incluído na Rede Natura 2000, cuxo principal obxectivo é conservar os diferentes ecosistemas que nel conviven. Por outra banda, o viño da zona de O Rosal é moi famoso no sur de Galicia. Díxose que esta situación débese aos romanos, pois pensaron que a temperatura da zona era a perfecta para a súa produción. A vila conta cun proxecto para favorecer a vida do campo: o Plan Estratéxico do Sector Agrario do Baixo Miño. Os seus principais fins son potenciar os viveiros e as hortas para que sexan máis competitivos e abrir novos mercados, ademais de cambiar a imaxe do campo para que os e as mozas vexan un posible futuro laboral nel. O municipio de O Rosal, coñecido pola gran calidade dos seus viños e viñedos, forma parte da Comarca do Baixo Miño na provincia de Pontevedra. Ubícase á beira do río Miño, limitando cos concellos de A Guarda, Oia e Tomiño.