O choco é un molusco cefalópodo decápodo, imos, que ten 10 tentáculos e tamén se lle coñece co nome de sepia, xibia ou cachón e pertence á familia sepiidae. Os brazos teñen numerosas ventosas, 2 dos seus tentáculos úsanos para capturar as presas, xa que son totalmente retráctiles e rematan nunhas mazas con ventosas. O seu corpo é aplanado e de forma ovalada. A cuncha, chamada xibión ou sepión, é calcárea e está totalmente cuberta polo seu corpo.
Vive no fondo dos mares pouco profundos de area onde se entierra parcialmente, tamén aproveita herbas acuáticas e algas en zonas preto da costa. Pon os ovos sobre os corais, algas e cunchas, e no caso de dispoñer de tinta inxéctaa na membrana que os cobre, que queda escura e permite que se oculten mellor.
O choco captúrase durante todo o ano e a súa pesca goza dun gran número de afeccionados. Para a súa pesca utilízanse distintas artes, a saber, nasa para choco, trasmallo, miño, artes de arrastre como o boliche ou chinchorro, poteira", e o curioso sistema do "femieiro", que como case se pode intuir polo seu nome, utilízase unha femia de choco como reclamo para atraer aos machos.
A tempada de pesca óptima desta especie é de principios de verán a finais de ano, en Galicia tomamos os chocos na súa tinta con arroz branco, aínda que admite outras preparacións."
O choco ou sepia, pode cubrir pequenas distancias a gran velocidade grazas á súa capacidade de expulsar auga a presión a través dunha abertura que funciona como un sifón que ten detrás da cabeza e serve para expulsar un chorro de tinta de cor sepia co que escurece a auga e facilita a súa fuxida deixando atrás aos seus inimigos. Esta técnica de escape tamén é utilizada polo calamar aínda que neste caso, a tinta que expulsa é negra.
Para cociñar o choco prepárase baleiro, limpo, desprovisto dos seus órganos internos e da cabeza e tentáculos. O corpo de carne xugosa, brillante e firme, córtase en tiras, enfariña e fríese. Ten un alto valor nutricional, a súa carne é rica en proteínas e baixa en graxas, contén ademais importantes cantidades de vitaminas do tipo B e D, así como fósforo, potasio, magnesio, calcio e ferro.
Como non podía ser doutro xeito, en Galicia tamén temos a festa do choco. Trátase dun evento que se celebra no mes de maio, nunha localidade da Ría de Vigo, a Festa do Choco de Redondela, e o seu principal motivo temos que buscarlle na Ensenada de San Simón e na abundancia desta especie nas súas augas que son capturados polos propios pescadores do lugar utilizando artes tradicionais como as nasas, coas que chegan a capturar exemplares que poden chegar aos 2 kg.
O choco é un cefalópodo coñecido co nome de sepia, aínda que tamén recibe outras acepcións como xibia e cachón. En Galicia é máis común o nome de choco, pero en portos mediterráneos úsase máis xibia ou sepia.
Este cefalópodo pode alcanzar de 30 a 40 centímetros de lonxitude e vive no fondo de mares pouco profundos. Alimentase de pequenos moluscos, cangrexos, camaróns, peixes e outros da súa mesma especie.
En Vigo e en Pontevedra, a Xunta de Galicia, prohibiu a pesca deste produto durante os meses de verán do 2019, xa que a especie escasea nas augas. Para capturar sepias ou chocos adoitan utilizarse as seguintes artes de pesca: nasas, trasmallos e redes de arrastre. Non obstante, se nos atopamos en augas pouco profundas, poderanse utilizar técnicas máis artesanais como os señuelos.