O ferry Santa Rita de Cassia une as dúas beiras do Miño entre A Guarda e o concello portugués de Caminha nun traxecto de uns 15 minutos de duración. A pesar de que o río conta con cinco pontes internacionais, este ferry leva dando servizo ininterrompidamente durante máis de 24 anos. Así Galicia e Portugal están unidos por unha embarcación que segue hoxe en día prestando servizo. Os usuarios utilízano para ir traballar ou para realizar compras nos seus respectivos mercados dinamizando así ambas beiras, xa que o paso máis próximo atópase na parroquia de Goián, o que conlevaría facer un traxecto de máis de 40 km. É unha porta aberta a Portugal e que ademais continúa o Camiño Portugués pola costa para iniciar a primeira etapa desde A Guarda. Esta experiencia permite contemplar unha perspectiva diferente da paisaxe, desde o centro do río, da desembocadura dominada polo Monte Santa Tegra en Galicia, a Ínsua coa súa fortaleza á distancia e a riqueza floral de ambas ribeiras. Distínguense tamén varias illas fluviais que se estenden cara arriba no río, algunhas arboradas e outras de pastizais. O ferry navega dentro dunha zona clasificada como Zona de Especial Conservación ZEC Baixo Miño pola rede Natura 2000 onde o esteiro do Miño é declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), lugar perfecto para a observación da gran variedade de aves que alberga o estuario. O Miño une ecosistemas como os hábitats do estuario cunha extensa zona de xunqueiras e pradeiras húmidas, illas e bancos de area con elementos costeiros como sistemas dunares e zonas rochosas intermareais. Destacan o grupo de hábitats mariños e costeiros do cal o mellor representado é o de hábitats costeiros e vexetación halofítica. Hai que ter en conta que o uso deste ferry está condicionado polas mareas, xa que a area e os lodos van colmatando o leito do río co paso do tempo. Os dous concellos, tanto o de Caminha, propietario da embarcación e responsable da súa xestión, como o de A Guarda, actualizan todos os luns o calendario de saídas para facilitar o acceso de peregrinos, usuarios e turistas.
O Ferry Boat Santa Rita de Cassia é o medio de transporte que fai a travesía de Caminha-A Guarda nun traxecto de menos de 15 minutos de duración. É o último ferry do Miño e leva máis de 24 anos funcionando a pesar de que xa existen cinco pontes internacionais que conectan co país veciño. É unha porta aberta a Portugal e que ademais continúa o Camiño Portugués pola costa para iniciar a primeira etapa desde A Guarda. Hai que ter en conta que o uso deste ferry está condicionado polas mareas, xa que a area e os lodos van colmatando o leito do río co paso do tempo. Os dous concellos, tanto o de Caminha, propietario da embarcación e responsable da súa xestión, como o de A Guarda, actualizan todos os luns o calendario de saídas para facilitar o acceso de peregrinos, usuarios e turistas. O ferry atravesa o espazo natural protexido coñecido como o Estuario do Miño, recoñecido como zona de especial protección para as aves (ZEPA) dentro da Zona de Especial Conservación (ZEC) Baixo Miño. A ZEPA Esteiro do Miño sitúase no tramo final deste río antes de desembocar no Océano Atlántico. Comprende os terreos dos termos municipais de Tomiño, O Rosal e A Guarda. Despois do peirao de saída do transbordador subindo uns metros río arriba atópase o estaleiro de O Pasaxe, lugar onde se realiza un tipo de carpintería artesanal denominada carpintería de Ribeira. O oficio de carpintería de Ribeira comeza en A Guarda coa chegada de mestres carpinteiros portugueses a principios da década dos anos 30 do século XX. A primeira construción foi un barco, Constantino Candeira, de madeira de 400 toneladas con tres paus á vela. Este barco deu orixe á frota de serradoiros de Candeira e serviu de exemplo para moitos mozos que cambiaron a carpintería de obra pola de barcos. Así, xurdiron os primeiros estaleiros de armado e reparación de barcos de madeira, a vela e logo a vapor. Antes deste acontecemento, a construción de Gamelas e os botes de pesca artesanal realizábanse nas adegas dalgunhas casas como a de Minxos ou de Manuel González. Pouco a pouco os barcos de madeira foron substituídos polos de fibra, máis económicos e fáciles de reparar, isto provocou a quebra na demanda do oficio. Actualmente poucas persoas quedan cos coñecementos suficientes para revivir a carpintería de Ribeira. O XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado no porto de A Guarda e organizado por Culturmar, (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial) organización que naceu no ano 1993 co obxectivo de defender, divulgar e dinamizar o Patrimonio Marítimo e fluvial de Galicia.
O actual transbordador que une A Guarda co municipio portugués de Caminha é un barco -ou, mellor dito, un ferry- no que tanto pasaxeiros e pasaxeiras como vehículos poden en vinte minutos cruzar o río Miño para gozar de Caminha ou de A Guarda.
Este servizo ofrécese desde o porto de A Guarda e adoita estar activo todos os días do ano. Ofrece un amplo horario para satisfacer as necesidades dos seus viaxeiros e viaxeiras, aínda que o seu servizo pode verse modificado dependendo de se a marea do canal está baixa ou se hai falta de visibilidade debido á néboa.
O ferry entre Caminha e A Guarda ofrece unha gran oportunidade tanto á xente local como a visitantes pois, grazas a este transbordador, pódese gozar dun paseo en barco que se reduce a catro quilómetros. Trátase, pois, dunha forma diferente de visitar ambas localidades utilizando un medio de transporte distinto.