Curiosamente as orixes da miticultura en España sitúanse na Cataluña de 1901, momento no que os cataláns iniciaron o cultivo do mexillón sobre viveiros flotantes en Tarragona que, pronto baixou a súa produción por falta de semente e baixo rendemento. Nos anos 40, en Galicia, comezouse a experimentar con este tipo de cultivo con excepcionais resultados xa que obtían o mesmo desenvolvemento en oito meses que en Barcelona en dous anos. Nun principio o cultivo do mexillón non tivo interese científico, xa que por aquel entón o subsector da acuicultura non estaba moi desenvolvido. Así que os bateeiros utilizaron a súa intuición, experiencia e enxeño para desenvolver todo o relacionado co cultivo do mexillón.
As primeiras bateas construíronse reciclando estruturas xa existentes como cascos de barcos ou catamaráns para salvar a flotabilidade. O casco dos barcos cubríase de cemento para protexer a madeira e a estrutura das cordas fixábase á cuberta do barco. Despois foron afinando os deseños, así nace a primeira batea con flotador central. O flotador era unha caixa de madeira recuberta de cemento. O seu uso foi bastante estendido.
En xeral unha batea é un corpo flotante que consta de proa, popa e os costados, sendo a proa a parte destinada ao amarre. Posúe un emparrillado, normalmente de madeira, do que penduran as cordas, un sistema de flotación, un sistema de suxeición e un sistema de cultivo.
Así que experimentáronse con diferentes modelos de bateas como as de flotadores en sección rectangular onde as caixas eran de madeira cubertas de cemento, outras con flotadores cilíndricos de ferro que nun principio estaban cubertos de cemento, pero actualmente de fibra de vidro e as bateas con flotadores en forma de tubos horizontais onde os catro ou seis flotadores son tubos de poliéster que van de lado a lado. Todas as modificacións que se lle fan ás bateas son para saldar problemas coa flotabilidade, a corrosión e o peso. Xogouse cos materiais para saber cal daba mellor consistencia e flexibilidade, xa que, cando hai temporais as cordas dan "latigazos" co seu consecuente perda de produción. Os materiais máis utilizados son o eucalipto, para facer o emparrillado e ferro para os flotadores que adoitan ser cubertos por fibra de vidro. Intentouse facer un emparrillado de ferro, pero a batea resultou ser demasiado ríxida. O polietileno é outro dos materiais utilizados, que, a pesar de que son máis duradeiros, teñen pouco éxito debido ao seu prezo e a súa ríxidez. Outras estruturas complementarias que se utilizaban no pasado eran a arboladura utilizada nas bateas de cascos vellos e as de un só flotador se era necesario para soster o emparrillado. A caseta, construída na cuberta, necesaria para os traballos que se facían a bordo. Na actualidade, todos os traballos realízanse desde o barco auxiliar mexillonero e a caseta non é necesaria.
Desde a Idade do Bronce os poboados aproveitaban a baixamar para recoller mexillóns, lapas e outros moluscos que atopaban nas rochas costeiras. Os romanos foron os primeiros cultivadores, recolléndoos do medio e transportándoos a criadeiros artificiais. Apicio, gastrónomo romano do século I d.C preparaba unha receita que consistía na elaboración dunha salsa con garum, porro picado, comiños, viño de pasas, axedreira, viño e auga, na que se introducían os mexillóns para a súa cocción. O cultivo de mexillón, tal e como se coñece hoxe en día, non chegou ata as primeiras décadas do século XX. En Galicia tentábase cultivar o mexillón en cercados ou estacas, pero as orixes da miticultura localízanse na Cataluña de 1901. Os cataláns iniciaron o cultivo do mexillón sobre viveiros flotantes en Tarragona e posteriormente en Barcelona. O sistema estendeuse a outros portos do litoral mediterráneo e nos anos 20 existían arredor de 156 bateas. A produción desta década chegou a acadar as 2.700 toneladas anuais. Este sistema presentaba dificultades para abastecerse de semente e, debido ás ampliacións das instalacións portuarias os mexilloeiros tiveron que colocar as súas estruturas noutros enclaves diminuíndo a produtividade. Mentres tanto en Galicia, as primeiras experiencias co mexillón comezaron en 1940 na ría de Arousa, dentro do porto de Vilagarcía, por iniciativa do D. Alfonso Ozores Saavedra que levaba tempo intentando criar mexillóns sobre estacas e decide cambiar de método e pasar a un cultivo suspendido. Un ano máis tarde, Molins, co asesoramento de Oliver, biólogo do Instituto Español de Oceanografía (IEO), fondea as primeiras bateas na ría de Vigo con excepcionais resultados, idéntico desenvolvemento en oito meses que en Barcelona en dous anos. En 1945 fondeanse na Ría de Arousa as primeiras bateas, cun único flotador en forma de cubo de madeira de onde se colgan as cordas de esparto cru. A partir desta data a miticultura en Galicia tivo un desenvolvemento vertixinoso e o cultivo esténdese a Cambados, O Grove, Bueu, Redondela e Pobra do Caramiñal. En 1956 instalaron 400 bateas e pasouse a 2537 en 1967. Dez anos máis tarde acádase unha densidade de 3100-3300 bateas e a produción pasou de 51.000-61.500 Tm en 1959-60 a 173500-192.000 Tm en 1975-76, o que converteu a España no primeiro produtor mundial do mexillón. A colleita de mexillón en España nos últimos lustros mantense entre 170.000 e 240.000 toneladas. A produción é estable e as diferenzas interanuais veñen dadas polos episodios de mareas vermellas que impiden a recollida regular do molusco. A colleita de mexillón en España en 2018 estímase en 273.600 toneladas, que é unha cifra récord na historia da produción desta especie, e un valor total en primeira venda de 133,2 millóns de euros. Cinco son as comunidades autónomas españolas nas que se cultiva mexillón, Cataluña, en Andalucía, na Comunidade Valenciana e nas Baleares, pero a produción galega representa o 97 % do mexillón total nacional. A acuicultura española destaca como referencia a nivel europeo e mundial pola cantidade e calidade da súa crianza de moluscos.
O mexillón é un molusco bivalvo que vive en grandes zonas de rocha ás que se pega mediante unhas partes do seu pé. Atópanse a pouca profundidade en zona de mareas, por iso, utilízanse as bateas ou mexilloeiras para a súa recollida. Trátase de estruturas colocadas ordenadamente nas rías, neste caso, na Ría de Arousa onde, grazas ás súas plataformas de madeira, colgan unhas cordas grosas chamadas maromas". É nelas onde se cultivan estes bivalvos de renome dentro da gastronomía galega. O concello de Vilanova de Arousa, situado na provincia de Pontevedra, na Comarca do Salnés, é un lugar con antigüidade e, por iso, con historia. Este municipio sempre destacou como porto pesqueiro, pois, xa no século XVI abastecía de peixe a toda Castela. Ademais, coa chegada dos cataláns, creáronse fábricas de salgadura e conserva. Hoxe en día, a actividade pesqueira e marisqueira é unha das máis importantes para o municipio.