De construción sinxela, a base de táboas moi anchas, a gamela é un tipo de embarcación tradicional. A de A Guarda parece ser unha das embarcacións tradicionais máis antigas que se coñecen nas Rías Baixas. As gamelas eran construídas completamente de piñeiro, con apenas cinco táboas e unha característica forma rectangular, aínda que lixeiramente curvada na proa. Trátase dunha embarcación pequena, de madeira de uns 5 metros. Ten proa e popa achatadas e con fondo plano que se despraza a remo ou a vela. Actualmente a zona de popa está modificada para poder adaptar un motor fóra borda. Toma o seu nome dun recipiente, deriva do latín camella que significa vaso de beber", aínda que posteriormente se chamou "artesa" ou "maseira", recipiente grande para amasar o pan. De aí que esta embarcación tradicional en zonas da costa portuguesa se denomine masseira. O termo gamela esténdese por practicamente toda a costa de Galicia referíndose a calquera embarcación de fondo plano, entre elas os distintos tipos de chalanas. En Val Miñor a gamela foi por excelencia a embarcación máis utilizada, dise que a gamela de Baiona era tan característica que os mariñeiros eran capaces de distinguir escoitando o son dos seus remos unha de Baiona dunha de Panxón. O primeiro fin de semana de agosto trae consigo as tradicionais Festas da Anunciada en Baiona. De entre os festeiros, a regata de gamelas configúrase como un dos acontecementos claves, unha competición na que se pon a proba a resistencia de quen se atreve a empuñar os alongados remos destas embarcacións."
Outros tipos de gamela que se atopan adoitan ter pequenas diferenzas para adaptarse ás peculiaridades ou hábitos pesqueiros de cada ría. Así a gamela de A Guarda ten unha relación eslora manga menor á coruxeira, polo que é máis ancha e o seu fondo ten máis curvatura, o que require unha costa onde o mar bate con máis forza. A gamela coruxeira foi construída orixinalmente por carpinteiros de ribeira de Coruxo (Vigo) como evolución do modelo guardés. Nesta tipoloxía enmárcanse tamén as gamelas de Cangas, Oia e Baiona. Estas últimas tamén responden ao nome de bacía. Ten un tamaño inferior ás outras variantes, é máis estilizada e estreita, cun fondo plano máis curvado que lle facilita poder varar na praia ao tempo que traballar en zonas de pedras próximas á costa. Por xeral ten corredores, cubertas a proa e popa e bancos. Cando usaba vela esta era ao terzo, con considerable martelo ou relinga. Tamén se atopa a gamela de Redes propia do porto de Redes na ría de Ares que se diferencia por un ancho case uniforme, os extremos curvos e a estampa rectangular alongada en popa. A veciña gamela portuguesa, moi similar á coruxeira. Pero en Vila Praia de Âncora, Viana do Castelo e outros portos próximos denominan masseira a unha embarcación tradicional cuxo orixe bebe da gamela guardesa. A gamela de Cambados, como as dornas, levaba tilla na proa e panel na proa e sempre corredores na cuberta. Chegando a acadar un tamaño considerable, conta cun gran timón e pode navegar a remos ou con vela latina. Dedicábase tanto ao arrastre como ao marisqueo a flote. Propio da vila do albariño era o loro, unha gamela deseñada para bogar e non velear. Por iso, a súa popa é máis estreita e o seu fondo ten unha maior curvatura. Ademais, o seu escaso calado lle permitía traballar con facilidade nos bancos marisqueiros mesmo con pouca auga. Gamela de Cabo de Cruz aúna a riqueza construtiva da dorna e a sinxeleza da gamela. Unha mestura que recolle as virtudes de ambas para adaptala á pesca con trasmallo e ao marisqueo no interior da Ría de Arousa. Algunhas das embarcacións tradicionais típicas na zona de Rías Baixas son: a Dorna, fabricada en madeira formando un tingladillo e caracterízase pola súa navegabilidade tanto a remos como a vela. Crese que ten unha procedencia viquinga polo seu parecido ao drakkar utilizado polos escandinavos. Os restos destas embarcacións, deixadas durante as invasións que tentaban asediar a costa, fixeron de patrón para que os carpinteiros navais crearan esta nova embarcación na época. Outra das embarcacións é o Galeón galego ou Galeón das rías que polo seu gran tamaño se utilizaba para o transporte de mercadorías e pesca entre os principais portos de Galicia. Construídos con madeira de carballo e piñeiro, foron utilizados aproximadamente ata a época dos 60 do século XX e moitos deles foron empregados posteriormente como bateas de mexillón nalgunha das rías de Galicia. A Trainera orixinaria da costa cantábrica que chegou a Galicia sobre o 1900, coincidindo co auxe da industria da salgadura. A trainera empezouse a utilizar, principalmente, para as labores de pesca de sardiña e xurel. Contaba con entre 6 e 8 bancada, impulsada a remo ou a vela caracterizábase pola súa fácil adaptabilidade e lixeireza. É moi frecuente ver competicións de traineras tanto en Cantabria como en Galicia ou o País Vasco.
No casco histórico de Baiona podemos atopar a Casa da Navegación, coñecida tamén como Casa Carvajal. Nela, dáse a coñecer o papel tan importante que tivo este porto galego na historia da navegación Atlántica. Non en balde, este foi o primeiro porto de Europa en recibir a noticia do descubrimento de América. Ademais, o capitán Martín Alonso Pinzón atracou nas súas augas galegas na carabela Pinta no ano 1493. As embarcacións como as carabelas foron as utilizadas por Portugal e España a principios do século XV. Diferenciábanse das naos" por contar con unhas dimensións máis reducidas e por resultar máis lixeiras. Aínda así, a Gamela é o tipo de embarcación tradicional de pesca máis usada en Galicia, en especial na Ría de Vigo. Caracterízase por estar construída en madeira de piñeiro e, aínda que actualmente a maioría funcionen a motor, anteriormente eran de vela. Baiona é un municipio da provincia de Pontevedra que está situado ao sur das Rías Baixas e destaca por ser un barrio mariñeiro desde hai xa moitos anos."