Skip to main content

Nautic Destination

Polbo

Sobre este patrimonio

O polbo Octopus vulgaris (Cuvier, 1798) é un molusco cefalópodo de oito brazos e cabeza grande, debaixo da cal se agacha unha boca en forma de pico de loro". Ten dúas filas de tentáculos pola súa cara interna, ao contrario do polbo cabezón que só ten unha. Vive en fondos rochosos nas zonas litorais, entre rochas e pedras e ás veces en gurras. Habita a profundidades inferiores a 200 m. Alimentase principalmente de pequenos crustáceos como cangrexos, ademais de bivalvos, peixes e de carroña. É un animal que se mimetiza co seu contorno, facendo difícil velo, incluso enruga a súa pel para parecer unha rocha con algas. Coloración moi variable, anaranxado, marrón, amarelo que cambian a vontade. Os polbos teñen un corpo musculoso e flexible. Son capaces de agocharse en espazos 10 veces máis pequenos que eles. Pode chegar a medir ata 40 cm de lonxitude do manto e 1,6 m de lonxitude total. O tamaño mínimo legal é de 1000 g. En Galicia, o polbo forma parte da cultura gastronómica "A feira" é o prato típico de Galicia por excelencia: cocido con coidado de que non se pase o tempo

Para saber máis

este é, durante 40 ou 50 minutos dependendo do tamaño e sen destapar a pota, para que a cocción sexa constante á mesma temperatura. Antes de comezar a fervelo é recomendable escaldalo introducindo tres veces en auga fervendo e, unha vez cocido e troceado, sen que arrefríe, botarlle un chorro de aceite de oliva virxe, sal e pemento doce e picante ao gusto. Tamén se presta para poñelo en vinagreta, encebollado ou en caldeirada segundo a receita da Illa de Ons. Está riquísimo en empanada, nun guiso con arroz e patacas ou cun rustrido de cebola á mugardesa."

Para coñecelo mellor

Existen máis de 800 especies de cefalópodos, as cales se atopan distribuídas en todos os océanos e a diferentes profundidades. A palabra cefalópodo procede do grego kephale (cabeza) e podos (pes). Son organismos invertebrados, polo que non teñen ósos no seu corpo. Teñen filas de ventosas ao longo de todas as súas extremidades. Pequenos puntos da súa pel, chamados cromatóforos, son células pigmentadas que axudan a camuflarse cambiando de cor. Os polbos pertencen á clase Cefalópodos, a cal inclúe aos nautilus, as jibas, os calamares, así como nautiloideos fósiles. O xénero octopus caracterízase polos seus hábitos bentónicos. O seu corpo é globoso e en forma de saco, e non posúen aletas. Aínda que son capaces de nadar, normalmente desprazanse reptando sobre as rochas, entre as que viven. Utilizan os seus brazos que están dotados de ventosas adhesivas, como órganos locomotores. Tamén se poden impulsar cos seus oito apéndices e utilizan o sifón tanto para a respiración como a locomoción, expulsando un chorro de auga. Contan cun sistema nervioso complexo e unha vista excelente e están entre os invertebrados máis intelixentes e de maior diversidade conductual. Viven en galerías situadas no interior de fendas ou buratos. Estes animais realizan excursións en busca de alimento ou cazan ao acecho preto da entrada do seu refuxio. As ameixas, os caracois e os crustáceos son presas comúns. Algunhas destas presas son inxeridas durante as excursións de caza, mentres que outras son levadas ata a madrigueira e é alí onde as inxiren. Así os octópodos teñen normalmente un vertedoiro preto da entrada do seu refuxio. Durante a reprodución, o macho utiliza un brazo especialmente adaptado para depositar un paquete de esperma directamente na cavidade paleal da femia, despois do cal se produce unha rápida senescencia e morre. A femia deposita os ovos fertilizados nunha especie de cova ou refuxio onde os coida, oxixena e protexe ata que nacen. Neste período de tempo a femia non se alimenta e non abandona a cova podendo comer incluso parte dos seus brazos. En Galicia o ciclo vital do polbo é de aproximadamente dous anos. O principal período reprodutivo sucede na primavera e, como consecuencia disto, a época de reclutamento (individuos de ata 300 g de peso) é na primavera-verán do ano seguinte. A frota que traballa con nasa para polbo explota basicamente unha única cohorte anual. Desde o ano 1992 na pesca do polbo en Galicia utilizouse, na maioría dos anos, a veda nos meses de maio e xuño, como unha medida técnica para protexer a reprodución da especie e contribuír a que a explotación fose máis sostible. Polo tanto, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie, considérase razoable que cada campaña de pesca comece despois da veda e finalice no inicio do período de veda seguinte. A forma máis habitual de capturar o polbo por parte dos pescadores profesionais de Baiona é a nasa. As nasas son unha arte pasiva de pesca, composta por un armazón ríxido cuberto de rede, cunha entrada ou boca estreita que permite o paso do polbo, pero que dificulta a súa saída. No seu interior introdúcense cebos que atraen a estes cefalópodos. O promedio de capturas, nos cinco últimos anos, do polbo Octopus vulgaris foi de uns 44.316,60 kg/ano, o que representa un 24,82 % do total anual de capturas na lonxa de Baiona. Isto xerou, para o mesmo período, uns ingresos promedio de 276.584,27 EUR anuais.

Galería

Polbo

Localización

Concello
Baiona
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Produto pesqueiro
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Unha das comidas máis típicas de Galicia é o polbo á galega. Este produto é tamén coñecido como octópodo, palabra que provén do grego e que significa oito pés". O polbo é un dos animais invertebrados máis intelixentes e forma parte dos moluscos. O seu corpo é brando, sen cuncha e conta con oito tentáculos que son os que usa este animal para desprazarse, coller obxectos e defenderse de certos ataques. Chama a atención que os polbos contan con tres corazóns: dous deles encárganse de desprazar o sangue cara ás branquias e o terceiro, de promover a circulación a outras zonas corporais. Ademais, o seu corpo conta cunha especie de sifón encargado de expulsar auga. A forma máis habitual de capturar o polbo por parte dos pescadores profesionais de Baiona é a nasa. As nasas son unha arte pasiva de pesca, composta por un armazón ríxido cuberto de rede, cunha entrada ou boca estreita que permite o paso do polbo, pero que dificulta a súa saída. No seu interior introdúcense cebos que atraen a estes cefalópodos."
Relevancia
Polbo

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.11921400
Longitud
-8.84714600