Na parroquia de Baión, Vilanova de Arousa, atópase unha propiedade rústica con identidade propia que, hoxe se dedica á produción de viño Albariño: o Pazo Baión. As 287 hectáreas que o rodean están dedicadas ás plantacións deste tipo de uva e, o edificio, ás tarefas agropecuarias e como almacén -todos eles de pedra-. O Pazo Baión alcanzou gran popularidade por ter sido propiedade do narcotraficante Laureano Oubiña para, posteriormente, converterse en símbolo de loita contra o narcotráfico. Actualmente pertence á Bodega Condes de Albarei. Os muros do Pazo Baión gardan tras de si a historia das familias nobres máis importantes de Galicia. Fundado no século XV polos Sarmiento, o Pazo Baión acollería algunha das liñaxes máis destacadas de Galicia: os Figueroa, os Camba ou os Soutomaior. Entre os seus séculos de historia tamén se fala da emigración galega; Don Adolfo Fojo, un emigrante acomodado retornado de Arxentina, comprou a propiedade e levou a cabo nela a maior reforma do antigo pazo, dándolle a estrutura arquitectónica que actualmente posúe coas dúas torres de corte vitoriano. Tamén mandaría a construción dunha vaqueiría e dunha adega. Os últimos herdeiros de Don Adolfo Fojo venderon a propiedade nos anos 70, momento no que se levou a cabo a primeira plantación técnica de Albariño Rías Baixas. Este viñedo converteuse entón nunha referencia para os profesionais do sector. O contrato de venda comprendía un importante proxecto social, polo cal o 5% das vendas destínanse a programas de prevención, tratamento e reinserción de drogodependentes. Ademais, Condes de Albarei emprende unha reforma arquitectónica e paisaxística na finca baixo a batuta do arquitecto galego César Portela, premio Nacional de Arquitectura, grazas á cal esta xoia do noso patrimonio artístico e cultural revive a súa época máis dourada.
O Pazo Baión forma parte da idiosincrasia do Salnés. Claro exemplo da arquitectura paciega galega, con orixes no século XV, esta insigne propiedade de 30 hectáreas de superficie, conta cun dos viñedos máis espectaculares do panorama vitivinícola mundial. Hoxe día comporta unha adega D. O. Rías Baixas explotada por Condes de Albarei. A primeira edificación constituía unha casa-torre de orixe medieval, propiedade da familia Priegue. A actual, comezou a edificarse en 1928 polos Fojo, da que recibiu o seu apelido durante gran parte do século no que a habitaron, coñecida como "Finca dos Fojo". En 1987 é adquirida -por valor de 275 millóns de pesetas-, por unha sociedade conformada por tres veciños da zona: Laureano Oubiña, Sito Miñanco e Pablo Vioque, sendo titulares da mesma, Laureano Oubiña e a súa muller Esther Lago. Foron os contrabandistas máis sonados da década. Finalmente, o Pazo é intervido en 1995 no marco da Operación Nécora, embargado polo xuíz Baltasar Garzón. En 1996 o Estado arrenda a súa xestión a Freixenet. En 2007 a Mesa de Coordinación de adxudicacións do Plan Nacional sobre Drogas saca finalmente o Pazo a unha poxa pública. En 2008 convértese en propiedade, da cooperativa de Cambados, Condes de Albarei que, ofrece 15.102.000 euros pola propiedade rústica, fronte aos pouco máis de trece dos outros dous aspirantes. En setembro de 2008 a finca inicia o seu proceso de rehabilitación cunha inversión de dez millóns de euros para acondicionar os terreos e facelos máis rendibles. Dentro deste proxecto enmárcase a construción dun centro de recepción para visitantes e o acondicionamento da adega para optimizar os seus viños elaborando preto de 160.000 botellas de viño branco ao ano. Esta nova reforma inclúe o restante dos módulos do edificio para o que contan coa axuda do arquitecto César Portela, convertendo ao Pazo nun centro de enoturismo con máis de 50.000 visitantes ao ano. Este proceso de renovación inclúe a creación dunha nova imaxe corporativa e de marca para o conxunto histórico, unha estratexia para eliminar por completo o seu vínculo ao narcotráfico. Para iso convócase un concurso cun xurado composto por Isaac Díaz Pardo, César Portela, Antón Patiño, Francisco Leiro e José Manuel Casabella. O gañador, o madrileño Lucas Gil-Turner co seu proxecto "Metamorfosis". O último contrato de venda configuraba o destino dun porcentaxe dos ingresos por explotación. Así, o Pazo debería dar traballo durante os quince anos seguintes, a un porcentaxe de drogodependentes en proceso de rehabilitación, co obxectivo de facilitar a súa incorporación ao mercado laboral. Outro dos compromisos adquiridos pola adega galega tal e como indicamos anteriormente, foi o de derivar un 5% da facturación anual do Pazo a programas de prevención, tratamento e reinserción de drogodependentes.
Na parroquia de Baión -pertencente ao municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa- localízase unha propiedade clásica galega dedicada á produción do Albariño Rías Baixas. Trátase do Pazo Baión. Nesta casa señorial, estivo vivindo Laureano Oubiña, un narcotraficante galego moi importante, xunto á súa muller, Esther Lago, que adquiriron a propiedade en 1987. Tras ser detidos pola Operación Nécora, o pazo pasou a subasta pública. No ano 2008, foi adquirido pola bodega Condes de Albarei. A empresa decidiu remodelar a finca e as súas 30 hectáreas para destinarlas á explotación vitivinícola e ao enoturismo. De feito, actualmente, realízanse visitas guiadas para explicar a súa historia, a elaboración do viño e a súa conservación e dáse a posibilidade de catar os seus viños. Está ubicado nun entorno natural con vistas panorámicas. O concello de Vilanova de Arousa localízase na provincia de Pontevedra. Integrado na Comarca do Salnés, é un lugar con antigüidade e, por iso, con historia.