Skip to main content

Nautic Destination

Igrexa de Valga

Dentro da parroquia de Cordeiro, pertencente ao municipio de Valga, foron atopados os restos da igrexa e mosteiro de Santa Comba de Louro. As escavacións son relativamente recentes, do 2010, e delatan a existencia dunha primitiva igrexa. Por documentos antigos sabíase da presenza dunha pequena igrexa e un mosteiro de fundación altomedieval, que foi desmantelado […]

Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra alberga, entre outras coleccións arqueolóxicas, a integrada polas producións metálicas da Idade do Bronce desde mediados do III milenio a. C., ás que corresponden os primeiros obxectos de cobre, atopados en Monte das Cabras (Ribeira, A Coruña), e obxectos de procedencia mediterránea e tamén atlántica, que constatan as relacións comerciais entre […]

Centro histórico de Tui. Catedral. Capela San Telmo. Patrimonio xudeu

Tui ten un Conxunto Histórico-artístico no que destacan elementos arquitectónicos como a Catedral de Santa María, o Convento de San Francisco ou a Capela de San Telmo representante do barroco portugués. Tamén outros máis recentes como a ponte internacional obra do enxeñeiro rioxano Pelayo Mancebo de 1886, que une Tui con Portugal. É cidade episcopal […]

Beluso. Fábrica de Salazón xeral

Coñecida é a fama de Bueu polas súas fábricas de salazón, aquí chegaron a finais do século XIX os chamados fomentadores cataláns” que, ao ver o potencial de produción da ría, afincáronse para instalar numerosas fábricas deste tipo de conserva. Ao longo da costa do municipio chegou a haber unhas trinta fábricas funcionando. Pero esta […]

Castro de Cálago

Ao contrario do que o seu nome poida indicar, Vilanova de Arousa é un lugar con antigüidade, como o demostran restos paleolíticos atopados na praia de As Sinas e os achados da Idade do Bronce localizados en Tremoedo e Baión. Existen tamén restos dunha cultura castrexa en Baión e dunha ocupación romana como o pequeno […]

Porto de Aguete (Marín)

Marín é terra de castros. Os de A Subidá, en Mogor; Castelo Barbudo, e O Castelo, en Ardán, son algúns deles, aos que habería que sumar os posibles asentamentos castrexos en Pedreiras, Penizas, Sobareiro e Castro. De todos estes, cabe destacar o de A Subidá, que é o mellor conservado dos castros de Marín, a […]

Castros de Neixón

Os castros de Neixón atópanse nunha pequena península situada no interior da ría de Arousa, concretamente nunha das zonas máis no interior da mesma, situada ao NNE. A súa situación é estratéxica en relación co circuíto comercial marítimo; ao mesmo tempo hai que poñer en relación o seu emprazamento coa riqueza mineira da zona. Esta […]

Infraestrutura. Arte de pesca a pé

O arte do marisqueo a pé é o que se exerce sobre todo nas praias e rochas. O aproveitamento destes recursos vén desde tempos moi remotos. Existen evidencias que desde o Paleolítico medio xa se consumía o marisco. E na época romana as ostras, ameixas e berberechos eran todo un manxar co que se comerciaba […]

Xacemento Torres de Padín

O promontorio denominado Torres de Padín está ubicado na parroquia de Teis, en Vigo, no límite coa parroquia de Chapela, en Redondela. Está ubicado a 109 metros sobre o nivel do mar, na saída da autoestrada AP-9 en Teis. O seu asentamento é un dos cinco castros litorais de Vigo e mantivo poboacións estables durante […]

Castro Punta Ostreira

O castro de Punta Ostreira, tamén coñecido como Castro de Alberne ou de Os Castriños, é un asentamento da Idade do Ferro. Está ubicado nun promontorio sobre unha das entradas da ría de A Pobra do Caramiñal, ocupando un extremo da antiga finca do mosteiro de San Antonio de Xobre.