Cambados é unha das vilas turísticas galegas por antonomasia. Un auténtico museo ao aire libre esculpido en pedra, que atesoura un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia pola súa infinidade de pazos señoriais, rúas nobres, monumentos e esculturas. Cambados nace da fusión de tres vilas históricas que manteñen a súa autenticidade: Fefiñáns, cun marcado carácter nobre, Cambados coas súas fermosas prazas, rúas, ruínas de Santa Mariña; e o carácter eminentemente mariñeiro de San Tomé. A súa conexión convértea nun enclave único en Galicia.A Praza de Fefiñáns está formada polo Pazo de Fefiñáns, o Arco-Ponte, a Atalaia Torre do Homenaxe, e a Igrexa de San Benito; sendo un dos conxuntos arquitectónicos máis fermosos e admirados de Galicia. Declarado Ben de Interese Cultural no 2012, o Pazo de Fefiñáns comezou a súa construción no século XVI, por mandato de Juan Sarmiento e Valladares, señor de Fefiñáns e conselleiro de Felipe II; a obra foi rematada polo seu sobriño D. Gonzalo de Valladares. A única ponte en forma de arco que se conserva das catro que antigamente existían na praza é o Arco Ponte de Fefiñáns. Estes eran empregados polos nobres do pazo para desprazarse polas distintas dependencias do conxunto, ou para acceder á parte privada do mesmo. Pola súa parte, a Igrexa de San Benito conformase como antigo templo románico, remodelado a comezos do século XV e reedificado no século XVII por orde de D. Gonzalo de Valladares poñéndoa baixo o patrocinio de San Benito. Ao igual que o pazo foi declarado Ben de Interese Cultural en agosto do 2012. A Torre do Homenaxe ergueuse como torre-vixía do século XVI.Pola súa parte, a Capela do Hospital, é outro dos puntos de interese deste conxunto histórico. Trátase dun pequeno templo ligado ao Pazo de Moltó, construído como hospital para os enfermos das epidemias que asolaron Galicia nos séculos XVII e XVIII. Era denominada como Capela da Purificación", por consagrarse aos pesteados. Foron os señores de Bazán e D. Alonso Troncoso e Sotomayor os seus artífices. Alberga no seu interior un retablo barroco no que destacan as imaxes da virxe da Candelaria, e Xesús Nazareno, esta última moi venerada en toda a comarca. Consta dunha soa nave de cruz latina con cuberta abovedada."
A ben elixida como Cidade Europea do Viño en 2017, non só é representativa para moitos españois e estranxeiros polos seus famosos viños e gastronomía. Cambados acolle un gran museo ao aire libre digno de visita, tanto pola súa conservación, como polo gran interese histórico que atesoura entre as súas rúas e paredes de pedra. Coas súas fermosas prazas, rúas, ruínas de Santa Mariña, e o carácter eminentemente mariñeiro de San Tomé aúna todo o que o visitante pode demandar.O epicentro do conxunto histórico sitúase na Praza de Fefiñáns conformada polo Pazo de Fefiñáns, o Arco-Ponte, a Atalaia Torre do Homenaxe, e a Igrexa de San Benito. Neste entorno histórico atopamos o Museo Muíño de Mareas de A Seca, mandado construír no ano 1622 por D. Gonzalo de Valladares, I Vizconde de Fefiñáns; na parroquia cambadesa de San Amedio de Corvillón, entre as puntas de Fefiñáns e Tragove. Ou a Casa Museo Ramón Cabanillas, domicilio natal do famoso escritor galego; unha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns, rehabilitada e transformada en casa museo; e aberta ao público o 28 de xullo de 1998. A Praza de As Rodas, antigamente coñecida co nome de Praza Diaria, era o lugar escollido para adquirir produtos frescos, como peixe e verduras: unha praza do mercado. Pola súa parte, a Praza Francisco Asorey foi dedicada ao escultor cambadés do mesmo nome. Nel atópase unha réplica de A Naiciña", unha das obras máis coñecidas do escultor, feita por un discípulo de Asorey, Xosé Cao Lata.En outro dos márgenes do municipio, atopamos o Pazo de Torrado, edificado na segunda metade do século XVIII pola familia Torre de Asadelos. Destacan na súa fachada o patín con antepeito de granito, os escudos de armas cos apelidos familiares, e o portalón da entrada principal. Continuamos co Pazo de Bazán, mandado construír por D. Pedro Bazán de Torres, párroco de Cambados, no século XVII, restaurado no XVIII por Pedro Bazán de Mendoza, foi residencia do seu fillo Pedro Pablo Bazán de Mendoza
famoso tradutor de Voltaire, e Luisa Bazán, bisavoa da coñecida escritora Emilia Pardo Bazán.En un dos seus arredores atopamos a escultura de Francisco Asorey, peza realizada en bronce por Lucas Míguez, en conmemoración do 50 aniversario da morte do escultor no 2011. O Paseo de A Calzada é a unión natural entre as antigas vilas de Fefiñáns e Cambados. Construíuse no ano 1852 con pedras do antigo convento de San Francisco e posteriormente plantáronse as árbores que alí se atopan. Moi preto, a Casa Consistorial, que data do ano 1850, e foi construída nun primeiro momento para albergar a cárcere e o xulgado do partido xudicial de Cambados. O concello situábase noutro edificio na actual praza de Alfredo Brañas, trasladándose posteriormente á ubicación actual no ano 1873. A construción sufriu varias modificacións ao longo dos anos. Hoxe en día, as súas dependencias utilízanse como oficinas administrativas do concello e á policía local. Moi próxima a esta praza atópase a Casa Fariña, pertencente a un antigo procurador do que recibe o nome. Ostenta na súa fachada un elegante escudo de armas dos fundadores: os Figueroa, os Valladares ou os Sotomayor, entre outros.E como Cambados é a Capital do Viño Albariño, situou na praza de Ramón Cabanillas -no 50 aniversario da festa do viño-, unha estatua de bronce feita polo escultor Francisco Leiro, dedicada a Baco, deus do viño na mitoloxía romana. Pola súa parte, o Pazo de Fajardo ou Salgado data do século XVII, e é unha excelente mostra do que foron e son, as casas nobres de Cambados. Destaca a torre almenada da década dos 60, así como distintos escudos de liñaxes familiares, como é o escudo de armas dos Feijoo. Seguindo a ruta topamos coa Casa das Conchas, construída no século XIX, e destacada pola decoración da súa fachada, de claros matices neobarrocos, en forma de numerosas conchas de vieiras.A actual igrexa parroquial de Cambados é o Convento de San Francisco que, fundado baixo a orde franciscana, foi posto baixo a advocación da Inmaculada Concepción. A Casa Fraga pola súa parte, é unha fermosa edificación de finais do XIX que ocupa os terreos onde se situaba parte do claustro do convento, hoxe convertida na Biblioteca Municipal Luis Rei. Moi preto o Pazo de Ulloa, construído no solar que ocupaba a antiga morada de D. Lope Sánchez de Ulloa