Skip to main content

Nautic Destination

Castelo de Soutomaior

Sobre este patrimonio

Trátase dun castelo medieval do século XII, pero debido á ausencia de documentación, descoñécese exactamente a súa data de construción. A súa fundación vincúlase a D. Pax Méndez Sorrede, que viviu en tempos de Alfonso VII (1126-1157) e D. Fernando de León (1157-1188) que foi o primeiro en empregar o apelido dos Soutomaior. A fortaleza foise construíndo ao longo do tempo e perfeccionando á medida que xurdiron novas necesidades. Así que foi reformado nos séculos XV e finais do XIX. A persoa máis destacada da familia dos Soutomaior foi indiscutiblemente Pedro Álvarez de Soutomaior, tamén coñecido como Pedro Madruga. Foi unha das figuras máis destacadas da Idade Media galega, considerado hoxe como prototipo de cabaleiro feudal. Nesta etapa o castelo alcanzou a maior cota de poder. Durante a Idade Moderna o castelo seguirá sendo propiedade da familia orixinal ata que comeza o declive debido a disputas internas. A finais do século XVIII Benito Fernando Correa queda co castelo e efectúa algúns cambios como a substitución do escudo de armas polo seu propio na porta principal. En 1870 o marqués de la Vega de Armijo transformouno na súa residencia de verán onde foi modificado engadíndolle a galería das damas, unha capela e as árbores do parque que aínda se conservan hoxe en día. O Castelo deixa atrás a fría fortaleza por unha acolledora casa residencial. Posteriormente pasa a mans da marquesa de Ayerbe e do seu esposo o doutor Lluria, que construíu un sanatorio nas inmediacións do castelo. A partir de 1917 perden a propiedade do mesmo por motivos políticos e o castelo sae a poxa. Realizáronse varias vendas e foron deteriorándose as súas instalacións ata que en 1982 o adquiriu a Deputación de Pontevedra, a cal fixo unha importante restauración. Polo municipio de Soutomaior pasa a variante do Camiño Portugués do Camiño de Santiago, na súa terceira etapa e atravesao maiormente pola parroquia de Santiago de Arcade. A etapa ten un percorrido de 18,2 Km dos que un transcorre por Arcade. É un percorrido urbano en gran parte de dificultade fácil.

Para saber máis

O Castelo de Soutomaior é un conxunto arquitectónico, metade fortaleza medieval, metade palacio neogótico do século XIX, formado por dúas torres unidas por un edificio habitable e un patio de armas. A edificación consta dun dobre perímetro amurallado, de planta oval e forma irregular na que se abren dúas entradas: a sur que é a que se emprega para acceso público e a primitiva situada no seu lado oposto. Posúe un ponte elevadizo para acceder á entrada do recinto e foi un importante elemento de defensa. O emprazamento estratéxico desta fortaleza débese ás vantaxes ofrecidas por atoparse agochado ante as posibles invasións realizadas por mar, á súa capacidade para señorear as terras do seu feudo e controlar as comunicacións de sur a norte da provincia. Ademais da fortaleza posúe unha finca de 25 hectáreas de terreo que foron cambiando o seu uso ao longo da historia. Da etapa residencial é orixe o parque e os xardíns, cando os marqueses de Vega e Armijo, deciden transformalo nunha casa de veraneo. Deste tempo consérvanse os exemplares de Camelia japónica máis antigos de Galicia. En 1982 a Deputación de Pontevedra adquiriu a propiedade e levou a cabo a rehabilitación da mesma. Implicada no desenvolvemento e cultivo da camelia, a deputación creou a súa propia colección. O xardín xa contaba con 19 exemplares e, en 1986 incorporáronse novos exemplares procedentes de viveiros galegos, estranxeiros como Francia, Inglaterra, California e Nova Zelandia e tamén de doazóns feitas por particulares. Actualmente posúe unha colección de 500 camelias, das cales 230 están na finca do castelo. As plantas reciben coidados semanalmente, cando están en floración e cada 15 días o resto do ano. En abril de 2012 o xardín do Castelo de Soutomaior convértese no primeiro de España e o sétimo de Europa en ser recoñecido como Xardín de Excelencia Internacional pola Sociedade Internacional da Camelia. Ademais do xardín posúe un viñedo de uva albariño e un terreo forestal, cun solo pouco profundo e menos fértil. Corresponde á zona de maior extensión e máis montañosa. Destacan os castiñeiros da parte superior de uns 20 anos e o bosque de carballos, piñeiros e eucaliptos do outro lado do regato de As Afreitas. E os restos dun bosque ripario situado nas marxes do rego Porta Cadeira e o regato de As Afreitas, con bidueiros, saucos e loureiros, entre outras especies.

Para coñecelo mellor

Soutomaior é un municipio da provincia de Pontevedra. Atópase na desembocadura do río Verdugo e a Illa de San Simón. Soutomaior conta cunha fortificación no centro do municipio, coñecida como o Castelo de Soutomaior. Esta construción é do século XII, aínda que foi con Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido como Pedro Madruga, co que se fixo máis famoso, pois a súa figura resultou crucial a nivel político no sur de Galicia durante o século XV. O castelo foi reconstruído en diferentes épocas e empregáronse varias técnicas. No século XIX, produciuse o cambio máis relevante, pois o castelo pasou a mans do marqués de la Vega de Armijo e transformouno nunha residencia de verán. A súa sobriña, a marquesa de Ayerbe, coñecida como a Marquesa Roja, pasou a ser a propietaria do castelo e o seu segundo esposo, o doutor Lluria, construíu un sanatorio nos arredores. En 1982, a Deputación Provincial de Pontevedra pasou a ser a propietaria e encargouse da restauración do palacio.

Galería

Castelo de SoutomaiorCastelo de SoutomaiorCastelo de Soutomaior

Localización

Localidade
Soutomaior
Concello
Soutomaior
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Castelo
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Rural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
5,800 km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.32984300
Longitud
-8.56817800