Skip to main content

Nautic Destination

Illas Cíes Sur. Vistas dos cantís sobre o mar

O arquipélago de Cíes está formado pola illa Norte ou de Monteagudo, a illa do medio ou do Faro e a illa Sur ou de San Martiño. Unha das características do arquipélago de Cíes é que a súa cara oeste está formada por cantís debido en parte a que é a cara que dá a […]

Produto. Navalla. Illa de Tambo

A navalla é un molusco bivalvo, que toma o seu nome común da súa característica forma alongada, en forma de navalla. En Galicia coñécese co nome de navalla” entre outros. A súa cuncha é moi fráxil, cos extremos abertos, as súas valvas son alongadas. Presentan unha serie de estrías verticais e horizontais moi finas. En […]

Illa da Toxa. Augas e balneario. Club de golf da Toja

A Illa da Toxa pertence ao municipio pontevedrés de O Grove. Denominada en Galicia, Illa da Toxa, recibe o seu topónimo dun hidrónimo prerromano; derivado da base indoeuropea Tug-Tugia”- “lugar fangoso”

Illas de Arousa

A Illa de Arousa é a illa máis grande e poboada de Galicia, nela viven algo máis de 5.000 habitantes permanentemente, aínda que en tempada alta a súa poboación vése aumentada notablemente grazas ao seu interese turístico. Está enclavada nas Rías Baixas Galegas, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. A Illa está unida á […]

Illas de Ons. Vistas do Buraco do Inferno e furna asociada. Dende terra e mar

A illa de Ons é un arquipélago que pertence ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG). Está formado por dúas illas máis grandes que corresponderían con Ons e Onza (ou Onceta) e o illote Freitosas.Polo seu tamaño e posibilidades Ons é a illa visitable, mentres que Onza e o resto de […]

Illa de Arousa e o comercio fenicio. Restos fenicios

Durante séculos, fenicios, romanos, sarracenos e viquingos acudiron ata a comarca do Salnés, nas Rías Baixas, atraídos polas súas riquezas. Hoxe aínda é posible rastrexar as pegadas do seu paso pola rexión, a cuberto da ría de Arousa, salpicada de castros que testemuñan a longa historia da zona. Os fenicios adoitan elixir as illas para […]

Salvaterra do Miño. Illa de Fillaboa. Flora, fauna

Salvaterra do Miño, é unha poboación da área metropolitana de Vigo. Atópase a unha altitude de 150 metros sobre o nivel do mar. Limita cos concellos de Ponteareas, Mondariz, A Cañiza, As Neves, Salceda, Tui e polo sur co Río Miño e Portugal. Salvaterra, xunto con gran parte dos concellos anteriormente mencionados forma a Comarca […]

Illas Cíes. Illa de San Martiño e o comercio fenicio

Os fenicios elixían illas como as Cíes para realizar os seus intercambios comerciais. As illas Cíes, especialmente a de San Martiño ou illa do Sur, brindaban protección e seguridade para fondear. Tiñan, ademais, abundantes fontes que permitían realizar o aprovisionamento de auga ás naves, mentres que o abastecemento de víveres podía realizarse indo aos portos […]

Sálvora e as Casitérides

Aínda que os pobos primitivos chegaron a estenderse por toda Galicia, non existen datos nin estudos de asentamentos ou usos da illa de Sálvora por entón. Algúns restos atopados nas súas areas dan fe do paso dos navegantes fenicios, pero non testemuñan a súa visita á illa. Así, a historia coñecida de Sálvora comeza a […]

Complex Ons – O Grove

A Zona de Especial Conservación (ZEC) Complex Ons- O Grove é un gran espazo natural que se atopa situado arredor da península de O Grove, incluíndo a enseada do Vao, os illotes Guidoiros, a parte sur da Illa de Arousa, o estuario do río Umia e a illa de Ons. Neste espazo atópase protexido baixo […]