Redes. Porto. Barrio mariñeiro

Redes é unha pequena localidade pertencente ao concello de Ares, na provincia da Coruña. Como todo pobo mariñeiro que se prece dispón do seu propio porto, que, aínda que pequeno, dispón de rampa para subir as embarcacións. O punto neurálxico de Redes xira en torno á praza do Pedregal e o seu porto. Desde esta […]
Oia. Salinas romanas. Mougás

Oia posúe vestixios da época romana. Trátase dunha explotación localizada na parroquia de Burqueira e as salinas aparecidas na costa de Mougás e Viladesuso. Son unhas instalacións nas que se producía sal posiblemente destinada á salgadura do peixe, unha industria que xa en tempos de Roma tiña unha gran importancia na zona como o demostra […]
Illote de San Simón. Edificios

O arquipélago de San Simón dá nome á enseada formada no interior da ría de Vigo. É unha illa cargada de séculos de historia onde, as súas edificacións, foron partícipes de diferentes episodios e épocas. En 1999 as illas de San Simón e San Antón foron declaradas ben de Interese Cultural e comezou unha etapa […]
Tesouros submarinos. Busca do tesouro. 20000 leguas de viaxe submarina

Tras a famosa Batalla de Rande os Galeóns afundidos na ría crearon unha lenda e un soño na imaxinación popular xa que non está claro se cos galeóns se afundiron parte dos tesouros que traían. E son varios os proxectos que se forxaron para extraer os tesouros de Rande. Na enseada de San Simón atópanse […]
Dena. Tellas e galeóns. Tellas xeral

O concello de Meaño está enclavado no corazón do Salnés, con uns 28 km2 e unha poboación de algo máis de 5.000 habitantes, ten a Dena como a súa parroquia máis poboada e é a única en contacto co mar. Precisamente a súa saída ao mar, como vía de transporte, xunto coa existencia de xacementos […]
Adega Priorato de Razamonde. Igrexa Santa María

Razamonde é unha parroquia situada no concello de Cenlle, o cal pertence á provincia de Ourense e á comarca do Ribeiro. A Comarca do Ribeiro atópase entre as serras de Faro e Suído, onde se unen os vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Nesta parroquia está situada a adega Priorato de Razamonde, unha […]
Adega Fundación Creixell. Pazo Barrantes

O pazo Barrantes remóntase aos comezos do século XVI e posteriormente foi profundamente reformado no século XVIII, perdendo parte da súa fisionomía orixinal. Escudo de armas de Soutomaior, Zapata, Troncoso de Lira, Rubianes ou a Vista Alegre. Ten un portalón polo que se accede e chega a un amplo patio, onde se dispoñen de dereita […]
Produto. Sardiña

A sardiña Sardina pilchardus (Walbaum, 1792), tamén coñecida como parrocha ou xouba, é un peixe azul de auga salgada que vive en augas de 12 a 24 graos. Pertence á familia dos Clupeidos e é un dos grupos de peixes peláxicos máis abondosos e distribuídos por todo o mundo. Os exemplares que se capturan oscilan […]
Ría de Pontevedra. Xeral

Unha ría é un accidente xeomorfolóxico producido pola penetración do mar na desembocadura dun río. Así, podería definirse unha ría como a forma que toma a desembocadura dun río nos casos nos que un val costeiro aparece sumergido no mar como consecuencia dunha ascensión no seu nivel. A ría de Pontevedra é unha das principais […]
Chapela. Conserveira máis antiga de Galicia e estaleiros

A primeira fábrica pioneira en aplicar un método industrial de conservas en Galicia estaba situada na praia de Arealonga, en Chapela. Unha parroquia que pertence actualmente ao municipio de Redondela, pero que, por aquela época pertencía ao concello de Lavadores. Víctor Curbera Puig foi o seu fundador en 1861, era catalán de nacemento que se […]