Skip to main content

Nautic Destination

Submarino. Ría Aldán. Cabo Udra e cantís. Aula de Natureza

A ría de Aldán atópase entre as dúas grandes rías de Vigo e Pontevedra, na península do Morrazo. Está delimitada entre Punta Couso e Cabo Udra. Posúe un pequeno porto exclusivamente pesqueiro e de auxiliares de acuicultura. Caminando ata o mesmo pódese facer un paseo marítimo bordeando a praia polo cal se observa a vila […]

Corrubedo vila mariñeira. Faro de Corrubedo. Escultura Grip

Corrubedo é unha vila mariñeira que pertence ao concello de Ribeira. O seu nome oficial é Santa María de Corrubedo e posúe a Medalla Colectiva de Salvamento de Náufragos. No século XIX, a vila adquiriu notoriedade pola súa actividade pesqueira e a instalación de varias fábricas de salga. Cara a 1930 contaba cunha poboación de […]

Vilagarcía de Arousa. Pazo de Rubianes

Con seis séculos de antigüidade e ubicado nunha superficie próxima ás 70 hectáreas ergueuse o Pazo de Rubianes. Situado na Rúa do Pazo número 7 de Vilagarcía, ofrece un xardín histórico en Galicia, onde destaca como gran protagonista, a Camelia. Se realizamos unha visita guiada polo persoal da finca, discorreremos a través deste xardín, ata […]

Batalla de Rande

Un dos episodios históricos máis comentados da enseada de San Simón é a famosa Batalla de Rande que se libró o 23 de outubro de 1702 entre as alianzas anglo-holandesa e hispano-francesa, durante a Guerra de Sucesión Española. Desde facía case tres anos o almirante Manuel Velasco Tejada estivera reunindo nos seus galeóns ancorados no […]

Illas Cíes medio: Lago dos nenos. Fauna e peixes

“Lago dos Nenos” é un lago que ten a singularidade de ser de auga salgada e que se atopa entre a illa norte ou de Monteagudo e a illa do medio ou do Faro. Este lago sitúase entre a praia e as dunas de Rodas e o dique de construción artificial que une as dúas […]

Pedra da Rá

Por debaixo do castro da Cidá, a escasos metros cara o oeste, e a través dunha sendeira non apta para todos os públicos, ergueuse a rocha coñecida como Pedra de A Rá (a Ra). Desde este miradoiro pódense gozar as vistas do parque dunar, as lagoas de Carregal e Vixán e mesmo -lonxe- do Faro […]

Vilagarcía de Arousa. Petroglifos de os Ballotes

Vilagarcía de Arousa conta cun dos conxuntos de arte rupestre máis estudados e importantes de Galicia. Descubertos a principios do século XX, estes petroglifos ubícanse na parroquia de San Xens de Bamio, preto da beira da ría. Gravados sobre granito, datan da Idade do Bronce, cunha antigüidade de entre 4.000 e 5.000 anos. Neste conxunto […]

Bueu. Praia Mourisca e Chan de Esqueiros

Dentro do espazo da Zona de Especial Conservación (ZEC) Cabo Udra da Rede Natura 2000, atópase un lugar que se chama Chan de Esqueiros. Esta área antigamente estaba destinada a usos de pastoreo. Os pastores da zona levaban aos seus rabaños e aproveitaban os pastos e o matogueiral que lle confería o cabo. Para pasar […]

Fervenza de Cadarnoxo

A fervenza -ou cascada- de Cadarnoxo atópase na parroquia de Cures, a poucos quilómetros do centro de Boiro, na Serra do Barbanza, e moi preto do monte Iroite. Alí atópase o regato de A Graña, ou rego Lampreeira, que é un afluente do río Coroño e pasa formando un espectacular conxunto de diferentes saltos de […]

Illas de Ons. Flora xeral e parque xeral

A illa de Ons é un arquipélago que pertence ao Parque Nacional Mariño Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG). Está formado por dúas illas máis grandes que corresponderían con Ons e Onza (ou Onceta) e o illote Freitosas. Pertence ao concello de Bueu. A súa superficie é de 2.641 hectáreas das cales 470 ha […]