Arbo. Río Miño. Praia fluvial de Sela

Arbo é un municipio con 43 quilómetros cadrados de extensión e está situado no corazón da provincia de Pontevedra. No seu límite sur ábrese ao río Miño, sendo así unha ponte natural entre Galicia e o Norte de Portugal. Un dos maiores atractivos deste municipio é o tesouro natural que agochan as augas do río […]
BARRIO MARIÑEIRO. Embarcacións a flote. A Gamela

De construción sinxela, a base de táboas moi anchas, a gamela é un tipo de embarcación tradicional. A de A Guarda parece ser unha das embarcacións tradicionais máis antigas que se coñecen nas Rías Baixas. As gamelas eran construídas completamente de piñeiro, con apenas cinco táboas e unha característica forma rectangular, aínda que lixeiramente curvada […]
Porto de Palmeira. Miradoiro do Castelo. Estatua do emigrante

Palmeira, chamada oficialmente San Pedro de Palmeira, é unha parroquia pertencente ao concello de Ribeira, na provincia da Coruña. Esténdese ao longo do porto, no fondo da pequena enseada, desde a punta de Cornas ata a Pedra de Grades. As primeiras informacións documentadas da parroquia datan do século XIII. Nelas cóntase que o principal sustento […]
Produto. Ostra

Ostrea edulis (Linnaeus, 1758), tamén chamada plana ou europea. É un molusco bivalvo da familia das Ostreoida. Ten unha cuncha formada por dúas valvas moi desiguais, na parte exterior a superficie é moi marcada e rugosa. A súa valva dereita superior é plana e a súa valva esquerda, inferior, ten unha forma convexa. A coloración […]
Bueu. Museo Massó

O Museo Massó atópase no centro de Bueu, moi preto do porto, instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos. Guillermo Marconi na súa visita á fábrica en 1928 suxeriu a idea de crear un museo xa que quedara sorprendido pola colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas […]
Ruta dos Pinzón

O descubrimento de América foi un fito histórico de gran repercusión. Nun principio os descubridores, pensando que xa se descubriran todas as terras, querían crear unha ruta alternativa de comercio coa ruta das especias. Velaquí a sorpresa, cando en realidade o que atoparon foi un novo continente. O 1 de marzo de 1493, a Carabela […]
Castelo Monterreal

O castelo de Monterreal, data do século II antes de Cristo, está situado no monte Boi, unha pequena península ao lado do porto e constitúe un referente patrimonial da vila de Baiona. Os Reis Católicos outorgaron Carta de Poboamento ao recinto, comezando un período de esplendor comercial que pouco a pouco foi perdendo importancia ata […]
Soutomaior. Illa Medal

A illa de Medal ou Insuíña está localizada na desembocadura do río Verdugo, preto de Ponte Sampaio. É unha pequena illa unida á terra por unha pequena ponte. O seu nome vén de que pertenceu no século XX ao pintor Antonio Medal Carrera (1902-1985). Era centro de reunións onde se organizaban recitales e tertulias con […]
Infraestrutura mexillón. Bateas

Curiosamente as orixes da miticultura en España sitúanse na Cataluña de 1901, momento no que os cataláns iniciaron o cultivo do mexillón sobre viveiros flotantes en Tarragona que, pronto baixou a súa produción por falta de semente e baixo rendemento. Nos anos 40, en Galicia, comezouse a experimentar con este tipo de cultivo con excepcionais […]
Illas de Ons. Faro e historia da illa

Cóntase que un labrego arando enriba do barrio de O Canexol atopou un tesouro composto por unhas moedas antigas. Estas foron as primeiras noticias que se teñen sobre a ocupación castrense na illa. Datán da Idade do Bronce e coñécese como Castelo dos Mouros” e outro castro, coñecido como “Cova da loba”, quedaría na parte […]