Skip to main content

Nautic Destination

Dena. Tellas e galeóns. Tellas xeral

O concello de Meaño está enclavado no corazón do Salnés, con uns 28 km2 e unha poboación de algo máis de 5.000 habitantes, ten a Dena como a súa parroquia máis poboada e é a única en contacto co mar. Precisamente a súa saída ao mar, como vía de transporte, xunto coa existencia de xacementos […]

Adega Fundación Creixell. Pazo Barrantes

O pazo Barrantes remóntase aos comezos do século XVI e posteriormente foi profundamente reformado no século XVIII, perdendo parte da súa fisionomía orixinal. Escudo de armas de Soutomaior, Zapata, Troncoso de Lira, Rubianes ou a Vista Alegre. Ten un portalón polo que se accede e chega a un amplo patio, onde se dispoñen de dereita […]

Produto. Sardiña

A sardiña Sardina pilchardus (Walbaum, 1792), tamén coñecida como parrocha ou xouba, é un peixe azul de auga salgada que vive en augas de 12 a 24 graos. Pertence á familia dos Clupeidos e é un dos grupos de peixes peláxicos máis abondosos e distribuídos por todo o mundo. Os exemplares que se capturan oscilan […]

Ría de Pontevedra. Xeral

Unha ría é un accidente xeomorfolóxico producido pola penetración do mar na desembocadura dun río. Así, podería definirse unha ría como a forma que toma a desembocadura dun río nos casos nos que un val costeiro aparece sumergido no mar como consecuencia dunha ascensión no seu nivel. A ría de Pontevedra é unha das principais […]

Chapela. Conserveira máis antiga de Galicia e estaleiros

A primeira fábrica pioneira en aplicar un método industrial de conservas en Galicia estaba situada na praia de Arealonga, en Chapela. Unha parroquia que pertence actualmente ao municipio de Redondela, pero que, por aquela época pertencía ao concello de Lavadores. Víctor Curbera Puig foi o seu fundador en 1861, era catalán de nacemento que se […]

Illote de Tamuxe. Aula de natureza. Flora e fauna do río Miño en O Rosal

O río Tamuxe é o último afluente do río Miño, tamén chamado Carballas” na súa parte alta. Nace na serra de Argallo pertencente ao macizo de A Groba no concello de Oia. O seu percorrido é de uns 14 quilómetros e chega a ter abundante caudal. Desaugue no lugar de Pías na parroquia de San […]

Estreito de Rande. Restos ferrocarril e wolframio

Preto do estreito de Rande quedan os restos dunha época convulsa onde Vigo estivo involucrado nas artimañas do exército Nazi. Hitler necesitaba un prezado mineral chamado wolframio, metal de gran dureza, que era empregado para o blindaxe dos carros de combate, na cabeza dos seus proxectís e tamén para endurecer os obuses. O tungsteno utilizábase […]

Río Umia. Zona intermareal

O río Umia forma un amplo estuario na súa desembocadura no Complexo Intermareal Umia-O Grove, facendo un trazado sinuoso para atravesar a extensa chaira costeira. A intensa dinámica das mareas xunto coa acción do río Umia dá lugar á formación de depósitos sedimentarios finos, arenoso-lamosos, ao longo do cauce e áreas de marisma nas súas […]

Pontevedra. Barrio antigo e tradición do viño e da sardiña

Dentro do centro histórico de Pontevedra existe un barrio antigo tamén chamado barrio de A Moureira que se atopaba asentado ao pé da fachada sur da Basílica de Santa María, nun dos puntos máis altos da cidade. Neste barrio vivía o gremio dos mareantes, o gremio de mar máis antigo de España. As persoas que […]

Submarino. Ría de Aldán. Praia de Área Brava. Produto Vieiras

Atopámonos na Provincia de Pontevedra, en Cangas e, polo tanto, en plenas Rías Baixas, das que a Ría de Aldán forma parte. A súa configuración limítana o cambo Udra (Bueu) e Punta Couso. Nas súas augas desemboca o Río Orxas. A beleza das praias que contén disputánllas as parroquias de O Hío, Aldán e Beluso, […]