Tomiño. Praia fluvial. Plantacións de flor en O Rosal

A comarca do Baixo Miño está formada polos municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. Esta área caracterízase por posuír un microclima que, xunto coa calidade das súas terras ácidas, propician o desenvolvemento do sector da horticultura. O Rosal posúe un val fértil onde medra o seu símbolo, as rosas, e tamén […]
Lonxa de O Grove

A lonxa está nun edificio situado no Porto de O Grove ao lado do mercado municipal e moi preto do centro da vila. Pódese acceder a ela camiñando ou en coche. É onde obrigatoriamente se efectúa a primeira venda de todos os produtos da pesca e do marisqueo, todo iso xestionado desde a Cofradía de […]
Mercado Municipal de O Grove

Nas inmediacións da praza de O Corgo atópanse o concello, a Confraría de Pescadores San Martín” e tamén o Mercado Municipal, edificio que comparte coa lonxa. Os produtos deste mercado proveñen da localidade, frescos do mar e verduras e hortalizas da Comarca do Salnés, carnes, queixos e conxelados. Ten un total de 25 postos de […]
Casco Antigo A Guarda

O casco antigo de A Guarda é un reflexo do pasado e do presente mariñeiro, caracterizado polas súas casas tradicionais e rúas estreitas. Nun sinxelo paseo, pódense observar as tarefas, embarcacións e aparellos dos mariñeiros e a venda de peixe e marisco na lonxa. Distribúese arredor do porto pesqueiro e destacan edificios como o Convento […]
Fortaleza Salvaterra. Museo do viño albariño

A Fortaleza de Salvaterra e as súas impoñentes murallas desde as que se pode gozar de unhas fermosas vistas da Vila, é unha construción orixinaria da Idade Media. A fortaleza e as súas dependencias formaban unha magnífica atalaia sobre o río Miño. O conxunto histórico ocupa uns 9700 metros cadrados e o forman as súas […]
Dorna Meca

A dorna Meca é unha embarcación tradicional deseñada e construída en O Grove. É da mesma tipoloxía que a dorna, pero a diferenza é o seu maior tamaño e a proa cun aspecto máis agudo. Eran embarcacións frecuentes nesta costa ata os anos 60 do século XX cando practicamente desapareceron. Construíanse de 10 ou de […]
Acuario de O Grove

O acuario de O Grove está situado en Punta Moreiras na Península de O Grove, é o único acuario de Pontevedra e principal centro de interpretación das Rías Baixas. Foi construído no ano 1997 e posteriormente reformouse e abriu as súas portas de novo no ano 2011. A súa misión principal é contribuír de forma […]
Salinas Romanas. Salina pétrea do Puntal

As salinas de A Guarda forman parte do maior complexo de explotación de sal documentado do Imperio Romano, o cal abarca outras zonas do noroeste peninsular como son Vigo, Cangas, Oia, Viana do Castelo e Matosiños. A sal sempre tivo unha gran importancia desde tempos remotos, a súa historia está moi unida ás transaccións económicas […]
Templo Votivo do Mar

É obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo e encádrase no movemento ideolóxico de comezos do século XX que trata de facer unha arquitectura autóctona con raíces tradicionais, para que transmitise contidos culturais propios. Antonio Palacios percorre toda Galicia visitando construcións románicas e barrocas das que adquiriu un coñecemento que se vai concretar no seu […]
Praia O Muiño

É unha praia fluvial situada formando parte da paisaxe da desembocadura do río Miño, posúe un interesante sistema dunar precedido por un piñeiral costeiro. Ten forma semilunar e desde a beira pódese divisar de fronte a costa da veciña portuguesa e na liña de costa xusto onde comezaría o mar aberto véxese a Ínsua, unha […]