Castro de A Subidá en Mogor

O Castro de A Subidá é un asentamento castrexo situado no Monte das Sete Espadas, na localidade pontevedresa de Marín. Este castro tamén é coñecido como o Castro da Porteliña, aséntase sobre un outeiro de pendentes inclinadas que lle permite observar de forma privilexiada Marín e a Ría de Pontevedra. O Castro ocupa unha extensión […]
Castro da Cidá

O Castro da Cidá sitúase no extremo máis occidental da península do Barbanza, nunha pequena montaña que ten unha altitude de 210 metros. Este monte, pola súa panorámica, converteuse nun lugar estratéxico. Dende el, pódense observar a ría de Arousa, cabo Corrubedo, a súa vila e o Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo, lagoas […]
Castro de Cálago

Ao contrario do que o seu nome poida indicar, Vilanova de Arousa é un lugar con antigüidade, como o demostran restos paleolíticos atopados na praia de As Sinas e os achados da Idade do Bronce localizados en Tremoedo e Baión. Existen tamén restos dunha cultura castrexa en Baión e dunha ocupación romana como o pequeno […]
Castros de Neixón

Os castros de Neixón atópanse nunha pequena península situada no interior da ría de Arousa, concretamente nunha das zonas máis no interior da mesma, situada ao NNE. A súa situación é estratéxica en relación co circuíto comercial marítimo; ao mesmo tempo hai que poñer en relación o seu emprazamento coa riqueza mineira da zona. Esta […]
Castro Punta Ostreira

O castro de Punta Ostreira, tamén coñecido como Castro de Alberne ou de Os Castriños, é un asentamento da Idade do Ferro. Está ubicado nun promontorio sobre unha das entradas da ría de A Pobra do Caramiñal, ocupando un extremo da antiga finca do mosteiro de San Antonio de Xobre.
Castro de Toralla

O castro de Toralla está situado nunha pequena illa, na ría de Vigo. Tiña un muro de 3 metros de grosor e 1 metro de altura. Desde os anos oitenta do século pasado realizáronse numerosas intervencións, que sacaron á luz un lote importante de materiais púnicos, incluídos algúns fragmentos de cerámica de engobe vermello. Posiblemente, […]
Castro de Ribadumia

O xacemento arqueolóxico do monte de O Castro, en Ribadumia, é un poboado fortificado da Idade do Ferro situado a 110 metros de altura. Emplázase sobre un esporón cun amplo dominio do val final do río Umia. Polos seus restos documentados crese que puido estar habitado durante os séculos IV a. C e I d. […]
Castro O Castriño

O castro coñecido como O Castriño é un dos cinco castros que se asentan fronte ao litoral vigués. Atópase situado na parroquia de Coia. En O Castriño atopáronse numerosos fragmentos de cerámica castrexa de diferente tipoloxía, xunto con restos cerámicos foráneos, representados fundamentalmente por ánforas púnicas. Estes achados localizan temporalmente este castro entre os séculos […]
Castro de A Lanzada e o contexto galaico

Situado entre nun saliente rochoso entre as amplas praias, o castro de A Lanzada, no concello de Sanxenxo, permite dominar tanto o acceso á ría de Arousa como unha importante franxa da costa exterior atlántica e as illas adxacentes. Trátase dun xacemento singular dentro da Idade do Ferro do noroeste peninsular, pois, aínda que existisen […]
Castro de Chandebrito e a sociedade fenicia

O castro de Chandebrito atópase na parroquia de San Xosé de Chandebrito, situada no concello pontevedrés de Nigrán, no monte O Castro, a 376 metros sobre o nivel do mar, o que lle confire unha situación xeográfica estratéxica. Trátase dun dos castros que mellor conserva a súa configuración primitiva. Este castro é visible desde numerosos […]