Skip to main content

Nautic Destination

Patrimonio natural Illa de San Simón

San Simón é unha zona de sedimento, máis fangosa, ao contrario do exterior da ría onde hai máis embate das ondas. É unha área moi diversa e complexa, un ecosistema no que ao longo do ano varía moito a temperatura e a salinidade, no inverno hai moito aporte dos ríos Verdugo, Oitavén, Alvedosa, e no […]

Illote de San Simón. Edificios

O arquipélago de San Simón dá nome á enseada formada no interior da ría de Vigo. É unha illa cargada de séculos de historia onde, as súas edificacións, foron partícipes de diferentes episodios e épocas. En 1999 as illas de San Simón e San Antón foron declaradas ben de Interese Cultural e comezou unha etapa […]

Illote de Tamuxe. Aula de natureza. Flora e fauna do río Miño en O Rosal

O río Tamuxe é o último afluente do río Miño, tamén chamado Carballas” na súa parte alta. Nace na serra de Argallo pertencente ao macizo de A Groba no concello de Oia. O seu percorrido é de uns 14 quilómetros e chega a ter abundante caudal. Desaugue no lugar de Pías na parroquia de San […]

Illas de Sálvora. Aldea e os seus hórreos

A aldea está situada ao noroeste da illa de Sálvora, por riba de Punta Pernapraba. Está en ruínas, pero algunhas casas foron restauradas presentando a súa forma orixinal. A illa de Sálvora está declarada como Ben de Interese Cultural BIC Paisaxe Cultural. Ten unha disposición en U para protexerse do norte e dos ventos. É […]

Ría de Vigo. Submarinismo. Illa Sur Cíes

As Illas Cíes son tres; dúas delas unidas por un dique e unha barra de area, aínda que non sempre. Catro ou cinco veces ao ano, o mar divide as dúas centrais e a terceira: San Martiño, que resulta unha completa descoñecida para todos. A maioría dos visitantes pasearon nalgunha ocasión polos areais da praia […]

Illas Cíes Sur. Afundimento Santo Cristo de Maracaibo

O Santo Cristo de Maracaibo é un xaleón pertencente á Flota de Indias perdido despois da Batalla de Rande de 1702 na ría de Vigo. Este xaleón foi tomado polos ingleses e ía cargado co ouro que atoparan nos xaleóns que foran capturados, pero afundiuse cando os ingleses retornaban. En torno ao naufraxio deste xaleón […]

Illas de Sálvora. Vistas desde alto do Milreu

O alto do Milreu localízase uns metros máis arriba do poboado, desde alí cara ao norte a lonxe pódense intuir as illas de Sagres totalmente rochosas que tamén pertencen ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Vese tamén a punta de Lagos e á súa dereita esténdense as praias de Zafra e […]

Illote de Sálvora. Con de Lapegar

O Con de Lapegar é unha rocha de gran tamaño situada á dereita do Faro de Sálvora meténdose un pouco cara ao mar. Esta rocha ten unha forma ovalada e alongada e pódese ver bater as ondas do mar cando a marea está baixa. Cando sobe afúndese case completamente e só se pode intuir. O […]

Illas Cíes. Praia de Rodas

A praia de Rodas atópase no arquipélago de Cíes e une de forma natural a illa norte ou de Monteagudo coa illa do medio ou do Faro. Foi denominada polo xornal británico The Guardian como a mellor praia do mundo, destacando a súa característica area fina e branca e as súas augas cristalinas. Ten aproximadamente […]

Illote de Tambo: Lazareto e edificios

No centro da Ría de Pontevedra atopámonos coa Illa de Tambo cuxa superficie é de 28 hectáreas. A illa forma parte do termo municipal de Poio e aínda que non pertence a ningunha parroquia en concreto, é a Escola da Armada Naval de Marín quen se ocupa da súa vixilancia, se queremos acceder á illa […]