Skip to main content

Nautic Destination

Betanzos. Parque do Pasatempo

Os Xardíns do Pasatempo ou Parque do Pasatempo foi construído grazas á xenerosidade de Juan García Naveira, un emigrante de Betanzos que fixo fortuna en Arxentina. O Parque está situado nos arredores de Betanzos e das súas nove hectáreas iniciais, só se conserva unha. Trátase dun parque singular, dos denominados enciclopédicos ou culturais xa que […]

Pazo de Mariñán. Observatorios ornitolóxicos

O Pazo de Mariñán está situado no concello de Bergondo, na provincia da Coruña. Para coñecer as orixes deste conxunto histórico-artístico e monumental, declarado en 1972, debemos remontarnos a mediados do século XV. Foi construído como defensa polo nobre cabaleiro Gómez Pérez de las Mariñas. Na actualidade celebranse distintos actos ademais de albergar o museo […]

Betanzos. Paseo fluvial dos Caneiros

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” alberga o territorio de 17 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada, Sobrado e Betanzos, lugar onde se atopa o paseo fluvial dos Caneiros. Nesas dúas grandes cuncas, as dos ríos Mero e Mandeo destacan os […]

Betanzos. Casco Antigo. Praza da Constitución

Betanzos está situada na provincia da Coruña no Noroeste da Península Ibérica, nas rías altas.Betanzos conta cun casco antigo que é conxunto histórico-artístico desde o ano 1970, e ben de interese cultural (BIC) desde ese mesmo ano.Estaba rodeado dunha antiga muralla que contaba con cinco portas, das que hoxe en día se conservan tres. A […]

Betanzos. Globo de papel

En Betanzos desde o 14 ao 25 de agosto celebranse as festas patronais en honra a San Roque. A súa orixe remóntase a 1415, cando a cidade de Betanzos viu azoutada por unha gran epidemia de peste, que reduciu a poboación considerablemente. Os habitantes de Betanzos asustados, invocaron a San Roque, o peregrino de Montpellier, […]

Pontedeume. Casco antigo

Pontedeume é un municipio que pertence á provincia da Coruña. Limita cos municipios de Miño, Cabanas, Capela, Vilarmaior e Monfero, situándose entre as cidades da Coruña (38 km) e Ferrol (18 km) e preto de Betanzos (26 km) e As Pontes de García Rodríguez (31 km). As festas patronais celebranse no mes de setembro, sendo […]

O Pedrido

O Pedrido é un lugar catalogado como de Importancia Comunitaria Betanzos-Mandeo (LIC), é tamén de Interese Comunitario e forma parte da Rede Natura 2000. Nesta zona da desembocadura do río Mandeo aparecen formacións sedimentarias, marismas. A marisma é un hábitat de importancia rexional para as aves palustres migratorias que utilizan zonas húmidas de Galicia como […]

Ponte do Porco

Ponte do Porco é un pequeno núcleo, situado á entrada do concello de Miño desde o veciño municipio de Paderne. O nome ten a súa orixe no escudo da Casa dos Andrade e na cabeza de xabaril que se pode apreciar na ponte medieval do século XIV. A ponte de Ponte do Porco foi construída […]

Sada. Museo Carlos Maside. Sargadelos

A cerámica de Sargadelos naceu da iniciativa ilustrada de Antonio Raimundo Ibáñez nos primeiros anos do século XIX, coa inauguración dunha fábrica de louza na parroquia de Santiago de Sargadelos pertencente ao concello de Cervo (Lugo) no ano 1806.Previamente á inauguración en 1970 do novo Sargadelos en Cervo (Lugo), Isaac Díaz Pardo inicia en 1949 […]

Sada. Barrio mariñeiro. Porto. Castelo de Fontán

Sada é un municipio que pertence á provincia da Coruña. Atópase situado na ría de Betanzos e pertence ás rías altas galegas, está a 20 quilómetros de distancia da Coruña e a 70 quilómetros de Santiago de Compostela. O seu clima caracterízase por temperaturas suaves durante todo o ano. A tranquilidade das augas desta ría […]